jueves, 22 de diciembre de 2011

BO NADAL

Chegan as vacacións que tanto vos gustan. Deséxovos a todos os nenos e nenas, a todo o profesorado e a todas as familias un bo nadal. E non esquezades pedirlle aos Reis Magos, ao Apalpador ou Papá Noël  un bo libro, que tamén en nadal a lectura nos descubre mil e unha aventuras.
Vémonos o ano que ven!!!!!
Moitísimos bicos e achuchóns.

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Hoxe despedímonos ata o día 9 de Xaneiro cunha postal que nos encandilou a todos, aínda que non fora a gañadora!


LENDO A PARES

Onte na biblioteca tivemos unha actividade que lles gustou moito a todos os nenos que participaron:: LECTURA A PARES. 
Os nenos de 4º leronlle aos nenos de 5 anos as últimas novidades chegadas ao cole, e, despois, os pequenos aos maiores. A verdade é que foi unha actividade moi bonita
Déixovos unhas fotos para que vexades o ben que se portaron e sobre todo o atentos que estiveron todos a súa parella.


martes, 20 de diciembre de 2011

A VISITA DESEXADA

Hoxe tivemos no cole unha das visitas máis desexadas por todos: o PAXE REAL!
Recolleu todas as cartas coas nosos ilusións e tróuxonos moitos caramelos!
Xa estamos desexando que as nosas cartas cheguen a Papá Noël, aos Reis Magos e ao Apalpador.

lunes, 19 de diciembre de 2011

A POSTAL IMPRESA GAÑADORA É...

Pois como estamos en tempo de nadal e felicitación... vos presento a postal gañadora en formato impreso.
Todas estas postais son moi bonitas, pero o premio é para CARMEN ALONSO SOMOZA (4ºA), que ao igual que Julia Alfaya recibirá un agasallo.
Parabéns Carmen!

viernes, 16 de diciembre de 2011

OS NENOS DE 5 ANOS NA BIBLIOTECA

Como xa sabedes, durante este primer trimestre, os nosos alumnos estiveron a traballar a formación de usuarios: como usar a biblioteca, as normas, as partes dun libro, coñecer os tipos de libros que nos podemos atopar na biblioteca...

Neste pequeno vídeo vos presento aos máis pequenos do cole traballando a Formación de usuarios, traballando na biblio e atendendo a contos que lles contou unha nena de 3º
Da gusto o ben que o fixeron e o ben que se portaron!!!!


jueves, 15 de diciembre de 2011

A POSTAL GAÑADORA É...

Pois xa temos a postal dixital gañadora!!!
Todas eran merecedoras do premio! asi que, de novo, moitas grazas por participar!!!
Noraboa a JULIA ALFAYA RAFAEL (1ºA)
O derradeiro día de clase, diante de todos os seus compañeiros, recibirá un agasallo!

martes, 13 de diciembre de 2011

POSTAIS NADAL

Durante este días recibimos moitas postais de nadal aos nosos correos.
Antes de anunciar ao gañador gañadora, queremos amosarvos as candidatas para recibir un agasallo.
Son todas moi bonitas e merecedoras de facerse co premio e é por iso que a decisión non é nada doada.
Moitas grazas a todos os nenos e nenas que participáchedes e tamén aos papás, mamás e demáis familia, porque sabemos que vos implicáchedes moito!

Mañán publicaremos o nome do gañador ou gañadora. Estade atentos e atentas!!!! 

Click to play this Smilebox slideshow


domingo, 11 de diciembre de 2011

UNHA MOREA DE RECURSOS PARA O NADAL

Pois hoxe presentamos unha morea de recursos para traballar o nadal estes días a través de diferentes actividades, algunhas delas coñecidas e outras moitas moi divertidas que tomamos prestadas do cole de Reboreda. Agardo que vos gusten!!!

sábado, 10 de diciembre de 2011

MON AMOUR. HISTORIA DE MUROS

Mon Amour: Historia de muros éun vídeo de Maysun Cheikh Ali Mediavilla, galardoado co primeiro premio en LÚMEN_EX 2010 Premios de Arte Dixital / Digital Art Awards Universidade de Extremadura. E hoxe, Día dos Dereitos Humanos, paréceme moi necesario reflexionar sobre eses dereitos que se pisan cada día... sen pudor e con todas as licenzas.


viernes, 9 de diciembre de 2011

OUTRAS POUQUIÑAS POSTAIS

A conta atrás xa chegou!!! Xa non queda nada para que remate o prazo de entrega de postais de Nadal. Recordade que o último día é o 12 de Decembro!!!
Deíxovos as últimas postais recibidas este días, a ver se alguén máis se anima.
Recordade que @ gañad@r recibirá un agasallo.
Dalle a play e agarda a que cargue o programa.

Click to play this Smilebox slideshow

UN NADAL CHEO DE CONTOS

Chega ao noso Outeiro o Nadal e para que vexades tod@s o bonito que está a quedar vos ensino o traballo que todos os nenos e nenas do cole fixeron cos contos en galego, castelán e inglés, que para iso somos un centro plurilingüe!!!!
Espero que vos guste!


MAIS POSTAIS DE NADAL

Continúan chegando postais para o noso concurso. Animádevos que xa queda pouco tempo....
Dalle a play e agarda a que cargue o programa.

Click to play this Smilebox slideshow

miércoles, 7 de diciembre de 2011

RECURSOS DEREITOS HUMANOS

Lembra que poderás atopar unha recursos e actividades para traballar os dereitos humanos na imaxe da barra lateral deste blog.

martes, 6 de diciembre de 2011

AS PRIMEIRAS POSTAIS DE NADAL

Van chegando as primeiras postais para o noso concurso dixital. Velaí vai a primeira mostra para que vos animedes a participar enviando as vosas creacións.

Lembra que so tes que darlle ao play e agardar a que cargue o programa.

Click to play this Smilebox slideshow

LENDO SOBRE DEREITOS HUMANOS

Achégase o día dos Dereitos Humanos así que podedes ir botándolle un ollo ás diferentes lecturas sobre este tema na nosa escolma.



lunes, 5 de diciembre de 2011

LIM DO APALPADOR

Agora que xa aprendeches moitas cousas sobre o Apalpador, amosa todo o aprendido xogando con este LIM que xa tiveches aquí o Nadal pasado.

Podes ampliar a imaxe premendo na icona do ordenador.


sábado, 3 de diciembre de 2011

POSTAIS DE NADAL

Xa están chegando as primeiras creacións para o concurso de postais dixitais deste nadal. Lembrade que tedes ata o día 12 de decembro para enviar ás vosas creacións ao meu correo, sen esquecervos de poñer o voso nome o  curso. E como en todo concurso, a postal gañadora recibirá un estupendo agasallo.
Moitas grazas a todas e a todos por participar.

viernes, 2 de diciembre de 2011

RECURSOS APALPADOR

Como estes días estamos tendo problemas coa plantilla de blogger, aquí vos deixo o enlace aos recursos para traballar o apalpador. So tes que premer na súa imaxe.

INVESTIGAMOS SOBRE O APALPADOR

Comezamos a investigar sobre o Apalpador, ese carboeiro dos montes do Courel que nos deixa unha presa de castañas polo Nadal.
Durante este mes iremos á biblioteca para pescudar e completar o noso caderno de investigación.






jueves, 1 de diciembre de 2011

UNHA VISITA SOPRESA

Hoxe recibimos unha visita sorpresa: un home cunha longa barba castaña, vestido cunha pucha e fumando nunha pipa. Levaba unha saca chega de castañas e deixounos un puñado despois de apalpar as barrigas e comprobar se estaban cheas ou baleiras. Quen será este personaxe que nos visitou?
Para velo dalle ao play e espera a que descargue o programa.

Click to play this Smilebox collage

miércoles, 30 de noviembre de 2011

CULTURGAL


Esta fin de semana tes unha cita co CULTURGAL, a Feira da Cultura Galega que terá lugar en Pontevedra os días 2, 3 e 4 de decembro
Alí poderedes achegarvos ás novidades editoriais, ó último en música, ó glamour do audiovisual, a maxia das artes escénicas e ós avances das novas tecnoloxías.
Se queres planificar ben a túa visita, visita a súa páxina ou consulta o programa o programa de actividades.

lunes, 28 de noviembre de 2011

APRENDE A USAR A CDU

Continuamos a formación de usuarias e usuarioas cun estupendo LIM elaborado polo CEP Dr. Fleming para aprender a manexar a CDU. Acederças a el premendo na imaxe.

miércoles, 23 de noviembre de 2011

25 NOVEMBRO: NON MAIS VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Para traballar o Día Internacional contra a violencia de xénero, atoparás recursos e actividades no enlace da barra lateral.


domingo, 20 de noviembre de 2011

ENQUISA DO NOSO PDI

Estamos xa preparando o noso PDI sobre Científicos e descubrimentos. Aínda que o proxecto non comenzará a traballarse ata o 2º trimestre, queremos ir recollendo a vosa opinión sobre os avances científicos e tecnolóxicos que considerades máis importantes para a humanidade así que temos preparada unha enquisa.
Estas preguntas chegarán tamén ás casas do noso alumnado para que un familiar de máis de 60 anos opine sobre as mesmas preguntas pero aquí poderás facelo sexa cal for a túa idade.

OS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS

Hoxe, Día Internacional dos Dereitos dos nenos e das nenas, nos está de máis lembrar que todas as nenas e todos os nenos do mundo teñen os mesmo dereitos.


sábado, 19 de noviembre de 2011

BERRA DE DOR ALLEO

Médicos sen fronteiras continúa a súa loita contra as enfermidades esquecidas. Desta volta conta co apoio de Luis Tosar e de Javier Bardem, que berran contra a dor allea.


E non esquezas que ti tamén podes berrar coma eles.... cada día... sempre...

Por suposto, aquí podes ver o berro de Bardem.

viernes, 18 de noviembre de 2011

DE MAGOSTO... POR FIN!

Hoxe por fin a chuvia deunos unha tregua e puidemos celebrar o noso magosto. Un ano mais asamos as castañas e fixemos un circuito de xogo tradicionais. Un día estupendo!!

jueves, 17 de noviembre de 2011

RECURSOS PARA O DÍA DA INFANCIA

Para ir traballando os dereitos dos nenos e das nenas podes atopar unha chea de recursos na imaxe da barra lateral.

miércoles, 16 de noviembre de 2011

O XOGO DO PAPAPÍO

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística troúxonos a Carlos Casares ao centro... bueno..., achegounos á súa figura.

O Papapío é unha linguaxe imaxinaria para poder falar cos animais que Carlos Casares inventou no seu conto infantil A galiña azul. Dende a Fundación Carlos Casares envíáronnos un estrafalario e simpático personaxe que, de xeito ameno, achegou ao noso alumnado ás diferentes facetas destes escritor.

 Ao remate deste xogo, cada neno e cada nena realiza un cubo / crebracabezas de cartón, onde cada cara do mesmo recrea un aspecto da vida e da obra do escritor. En cada un dos lados empregaron unha técnica distinta pero sempre prestando unha gran atención ás indicacións e comentarios do Papapío:

Primeira cara: O álbum de Carlos Casares.
Segunda cara: Afeccións de Carlos Casares.
Terceira cara: As palabras de Carlos Casares seguen vivas.
Cuarta cara: Érase unha vez os contos de Carlos Casares.
Quinta cara: O seu froito, a súa obra.
Sexta cara: Carlos Casares. O concurso.


martes, 15 de noviembre de 2011

lunes, 14 de noviembre de 2011

MANEXO DA ENCICLOPEDIA

Con este xogo aprenderás a usar as enciclopedias dun xeito moi divertido.
Preme na imaxe e xoga....e aprende.

sábado, 12 de noviembre de 2011

DITOS E REFRANS DE OUTONO

Dende o ENDL pedíuselle ás familias que nos enviaran ditos, refrans, adiviñas e cantigas relacionados co outono e o magosto. Con todo ese material, o noso alumnado encheu unha follas e colocounas polos corredores do cole. Estas son algunhas das creación, en imaxes e palabras.
Para ver a montaxe só tes que premer no "play" e agardar a que cargue o programa. Despois, deixa pasar as páxinas dunha en unha ou vaille dando ti ao teu ritmo. 

Click to play this Smilebox newsletter

viernes, 11 de noviembre de 2011

DE ESTRENO

Matilda estrea roupa. E está realmente guapa grazas ó traballo dunha nais moi colaboradoras.
Moitisimas grazas a todas pola vosa axuda.

jueves, 10 de noviembre de 2011

A LINGUA SABE A PAN

Estupendo Lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega
Contannos que sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan e que contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.
Se queres cantalo, tamén teñen unha versión en Karaoke aquí
Parabéns a todos e a todas polo traballo!!!

MAIS LIM DE FORMACIONS DE USUARIOS E USUARIAS

Desta volta é o CEIP Pedrouzos o que nos achega este LIM sobre o uso da biblioteca.

martes, 8 de noviembre de 2011

AS PARTES DUN LIBRO

Un novo LIM do CEP Dr. Fleming para traballar as partes dun libro. Preme na imaxe e atoparás as actividades.


lunes, 7 de noviembre de 2011

TRABALLAMOS O MAGOSTO

Lembra que tes toda unha seleción de recursos e actividades para este tempo de magosto premendo na na imaxe de Matilda. Quedará de forma permanete na barra lateral para que podas atopala sempre que a precises.



E para ir facendo boca, velaí vai o conto da Castañeira, elaborado por Ana Martínez Rey con moitas actividades sobre o conto. Só tes que premer na imaxe e listo.


sábado, 5 de noviembre de 2011

LECTURAS DE MAGOSTO

Esta é a nosa seleción de libros para o magosto. Lembra que podes atopalos na nosa biblioteca.

jueves, 3 de noviembre de 2011

CARRIÑO NOVIDADES

Hoxe quero amosarvos outra das novidades deste curso: o carriño de novidades. Con esta idea pretendemos achegar ás novidades a tanto ao alumnado como ao profesorado.

Este carriño contén os novos fondos das biblioteca e algún exemplar menos novedoso pero interesante que queremos difundir. Vai circulando polas aulas e renovando o seu contido despois de pasar por todas.
Como a idea é que este achegamento dea a coñecer o que hai de novo na biblioteca, o carriño estará un ou dous días na aula para que titores, especialistas e alumnado vexa os novos fondos.

miércoles, 2 de noviembre de 2011

LIM FORMACIÓN USUARIOS E USUARIAS

Continuando coa formación de usuarios e usuarias na que estamos traballando todo este trimestre, elaboramos un LIM para que demostredes todo o aprendido. Xa sabes que podes facer a pantalla aínda máis grande premendo no cadrado que tes na parte superior dereita.

sábado, 29 de octubre de 2011

CONTOS DE MEDO

Velaí van as fotos dos contacontos tan especiais que tivemos no cole o día do Samaín. De verdade que todas estas nais e pais fixeron un traballo estupendo tanto na preparacións dos contos como nas representacións. 
Moitísimas grazas... e xa vos liaremos para outras festas!!!!

Click to play this Smilebox slideshow

viernes, 28 de octubre de 2011

BEASTY STORY

Hoxe celebramos o Samaín no noso cole. Durante toda a mañá os nosos alumnos e alumnado foron visitando as diferentes exposicións de "arte" que fixeron as familias para o Samaín e o outono. Xa poidéchedes ver o bonitiñas que quedaron. Despois, poideron ver un video-conto en inglés que lles deu moitiiiiisimo medo a todas e a todos.


Tamén houbo sesión de contacontos: algunhas mamás prepararon uns relatos terroríficos e divertidos, a gusto de todo o cole. Fixeron un traballo estupendo que pronto poderedes ver nas fotos que vos estou preparando.

Mentras tanto, podedes ver o video-conto unha vez máis. 

FORMACION DE USUARIOS COS BOLECHAS

Dende a biblioteca do CEIP Curros Enríquez de Celanova, chéganos este estupendo video baseado no conto Os Bolechas queren saber como é unha biblioteca. Estou seguro que os máis pequenos do cole aprenderán moito con eles.

jueves, 27 de octubre de 2011

O SAMAIN E O OUTONO ENCHEN O COLE

Os vosos traballos xa están espallados por todo o cole. 
Unha vez máis, as familias traballáchedes moitisimo e fixéchedes cousas moi bonitas e orixinais para que Samaín e o outono encheran os corredores do cole.
Moitísimas grazas e todas e a todos por participar. 
Espero que vos guste o resultado.

Click to play this Smilebox slideshow

miércoles, 26 de octubre de 2011

UN SAMAÍN DE CONXUROS

Un estupendo xogo LIM do Samaín elaborado polos compañeiros e compañeiras do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP A Pedra. Moitas grazas por compartir este traballo. Para xogar so tes que premer na imaxe.

martes, 25 de octubre de 2011

CORRE, CORRE CABACIÑA

Vai unha canción de medo e un dos meus contos favoritos para estes tempo de cabazas.... que ademais vai cantado.




lunes, 24 de octubre de 2011

A NOSA BIBLIOTECA

Hoxe quero ensinarvos o meu novo outeiro. Despois de moito tempo e traballo, a biblioteca mudou a súa cara e fixo moitos cambios. Para os que non a coñecedes van estas fotos e a invitación a visitarme condo gostedes. Espérovos.

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Se hai dous días conmemorábase o día das biblitoecas escolares, hoxe é o día das Bibliotecas, así, sen máis.
Para celebralo convídote a dar un fabuloso paseo por algunha das biblitoecas máis fermosas do mundo. Pero non esquezas que, máis ou menos fermosas, de certo terás unha biblioteca perto da túa casa. Non deixes de visitala.

sábado, 22 de octubre de 2011

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLITOECAS ESCOLARES

Unha simpática curta cunha bibliotecaria malvaaaadaaaa en conmemoración do día das Bibliotecas escolares.
Moitas grazas a todas as compañeiras e compañeiros que adican gran parte do seu tempo "de non docencia" a este inmenso traballo que son as biblitoecas escolares.

viernes, 21 de octubre de 2011

A PRIMEIRA EXCURSIÓN

O pasado xoves tivemos a nosa primeira excursión. Todo o alumnado de Educación Infantil foi camiñando ata o Monte Loureiro para achegarse un pouco a este outono tan tímido que estamos a ter. Alí poideron recoller follas secas, landras, piñas e demais restos de outono para despois facer diferentes traballos cole. E tamén xogaron moito, moito, moito.
O certo é que foi un día estupendo no que o pasaron moi ben...aínda que chegaron ao cole cansísimos de tanta actividade.
Para ver as fotos desta excursión, só tes que premer na imaxe e esperar a que empece a proxección.

Click to play this Smilebox slideshow

Moitas grazas ás mamás e papás do obradoiro de infantil que nos acompañaron e contribuiron a que a excursión fora tan xenial.

jueves, 20 de octubre de 2011

O XOGO DO SAMAIN

Demostra canto sabes do Samaín respondendo ás preguntas do cuestionario que atoparás premendo nesta imaxe.

miércoles, 19 de octubre de 2011

LECTURAS DE SAMAÍN

Estas son as lecturas que xa podes atopar na biblioteca sobre o Samaín. Ademáis, temos preparada para ti unha ampla seleción de lecturas de medo!!!!

martes, 18 de octubre de 2011

Os instrumentos chegan o cole

Pois si, no día de hoxe un grupo de alumnos e mestres de música do conservatorio de Redondela fixéronnos unha visita para mostrarnos os seus instrumentos a través dunha bonita historia. Foi moi bonito ver a compañeiros/as tocando os seus intrumentos cos mais maiores. Moi ben rapaces e rapazas, seguide mellorando así.
Por outro lado, lembrar que o vindeiro venres 21/10 os alumnos/as que queiran poderán visitar o conservatorio de Redondela e tocar libremente diferentes instrumentos para ver se entra o gusaniño... quen sabe!!!
Moitas gracias a tod@s por contribuir a este espectáculo.

TEMPO DE SAMAÍN

Vai chegando o tempo do Samaín... o tempo de gozar pasando medo...
No cole xa están en marcha as actividades e xa volas irei amosando pouco a pouco... Paciencia!! 
Coma sempre, terás unha ampla variedade de recursos premendo nesta imaxe que quedará de forma permanente na columna da esquerda. Espero que vos gusten.

lunes, 17 de octubre de 2011

CADERNOS ACTIVIDADES DA FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS

Xa están en marcha os cadernos con actividades para traballar a formación de usuarios e usuarias. Con estes traballos de investigación aprenderán moitísimas cousas sobre o funcionamento da nosa biblioteca.

Un caderno para o alumnado de Educación e o do 1º ciclo de Primaria:


E outro caderno para o alumnado do 2º e do 3º ciclo de Primaria.


jueves, 13 de octubre de 2011

HOSPITAL DE LIBROS

Este ano temos moitas novidades na nosa biblioteca. Algunha xa as coñecedes e outras irei amosándovolas aos poucos.

Hoxe preséntovos o hospital de libros, unha charca aloxada nun lugar ben visible da nosa biblioteca.

Aquí imos depositando os libros deteriorados polo uso para aplicarlles algún tipo de “cura” e deixalos novamente en condicións de circular polas aulas e as casas do noso alumnado.

miércoles, 12 de octubre de 2011

ALFABETO

Grazas a unha tolinha atopei qeste video do abecedario... encantoume e continua os contos que algúns de vos escoitáchedes na inauguración da biblitoeca.... pero en inglés!

lunes, 10 de octubre de 2011

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA

Hoxe inauguramos a nosa biblioteca. Foi unha xornada moi especial todos os nenos e nenas do cole pasaron pola biblioteca para comprobar os grandes cambios e asisitira unha sesión de contacontos. De aquí en adiante xa poderán levar libros para casa e gozar dos diferentes recunchos no tempo de recreo.
Velaí tedes as fotos dun día moi especial (so tes que darlle a PLAY e esperar que cargue o programa).


Click to play this Smilebox slideshow

sábado, 8 de octubre de 2011

AS MOCHILAS VIAXEIRAS XA ESTÁN PREPARADAS

Xa están lista as mochilas viaxeiras deste ano. O luns serán entregadas nas aulas e comezarán a súa viaxe polas casas do noso alumnado, para que toda a familia goce arredor dunha boa lectura.


 Para ir facendo boca, velaí van as instrucións de uso das mochilas viaxeiras.

viernes, 7 de octubre de 2011

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA

Xa o sabedes, este luns reabrimos a biblioteca para compartir moitas e maravillas aventuras coa lectura. Preparádevos porque vos agardan unha chea de sorpresas.

jueves, 6 de octubre de 2011

A CONDESA REBELDE


O Teatro Rosalía de Castro, na Coruña acollía onte a estrea da tv movie A condesa rebelde, na que se retrata a Emilia Pardo Bazán. O filme, unha coprodución da TVG e de Zénit Televisión, está dirixido por Zaza Ceballos e protagonizado por Susana Dans. A Secretaría Xeral de Igualdade distribuirá por centros de ensino de todo o país 5.000 copias desta produción e editará material didáctico para afondar nos valores da igualdade a partir da figura esta escritora. Esperamos a súa chegada para traballar esta figura tan importante da nosa historia.

miércoles, 5 de octubre de 2011

NAVEGA EN GALEGO

Para falar galego tamén na rede, podes configurar o teu navegador en galego. É moi sinxelo e podes atopar as explicacións neste video.

martes, 4 de octubre de 2011

ESCOLA PÚBLICA DE TOD@S E PARA TOD@S


AUDIOLIBROS

A editorial Rinoceronte acaba de publicar os primeiros audiolibros dispoñibles en galego. "É unha fórmula estupenda", defende o director da editorial, Moisés Barcia, "dado que existen múltiples actividades nas que non podemos soster un libro de papel nas mans, pero si escoitalo".
Montedidio, de Erri de Luca; Seda, de Baricco; A casa de Mango Street, de Sandra Cisneros; O ano do xardineiro, de Karel Capek; O tradutor cleptómano, de Dezso Kosztolányi e Skugga-baldur, de Sjón, conforman a primeira quenda de obras locutadas . O dramaturgo Santiago Cortegoso, e a actriz Sonia Rúa, poñen voz as novelas. "Trátase de libros xa editados en papel, de extensión breve e divididos en capítulos para facilitar unha escoita descontinua", explica Barcia, "e que ademais tiveron unha boa acollida na súa versión en papel". 

lunes, 3 de octubre de 2011

GUÍA USUARIAS E USUARIOS

Comezamos a formación de usuarios e usuarias con todo o profesorado lembrándolles algunhas cuestións como as normas da biblioteca, os servizos de préstamo e devolucións, etc.

jueves, 29 de septiembre de 2011

LIM de OUTONO

Agora que xa sabedes moitísimo sobre o outono, aquí tedes un xogo LIM preparado por unha mestra do CEIP O Pombal. Só tes ques premer na imaxe e gozar co xogo.

miércoles, 28 de septiembre de 2011

LEMBRANDO Á MULLER ÁRBORE

Wangari Maathai, é a autora do conto Wangari e as árbores da paz e a iniciadora do Movimento do Cinturón Verde para evitar a deforestación que sufría a súa comunidade, plantar árbores e protexer a diversidade biolóxica. Xunto con outras mulleres conseguiu plantar máis de 30 millóns de árbores en África. Este desafío fixo que fose coñecida como a "muller árbore".
Ademaís, foi a primeira muller africana que gañou o Premio Nóbel da Paz (2004).

Wangari morreu estes días despois dun longo tratamento contra o cancro. Tiña 71 anos.

martes, 27 de septiembre de 2011

RECURSOS OUTONO

E para continuar traballando o outono nas aulas, tedes unha chea de recursos na barra lateral do blog e premendo nesta imaxe.


domingo, 25 de septiembre de 2011

LECTURAS DE OUTONO

Esta é a nos seleción de lectura para gozar do outono. Premendo no botón "next" poderás ver máis estanterias cheas de libros. E non esquezas pasar pola biblioteca a buscar algún destes libros.

FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS

Dende hoxe xa está á vosa disposición unha nova páxina con toda a información e a documentación relativa á formación de usuarios e usuarios. Poderás atopala na cabeceira do blog, xusto debaixo da imaxe de Matilda.

sábado, 24 de septiembre de 2011

O NOSO CAIXÓN DE SUXERENCIAS

Estes días estreamos, ademais de outono, o noso novo caixón de suxerencias.

O caixón de suxerencias é un elemento fundamental na biblioteca. Aquí recollemos as peticións dos nosos lectores e lectoras: libros, actividades, temas, personaxes, etc.

O caixón permanecerá habitualmente na biblioteca, nun lugar visible, pero de cando en vez, como esta semana, dará un paseo polas aulas animando ó alumnado a participar aínda máis. 
Desta volta preguntámoslle ao alumnado do 3º ciclo polas súas preferencias literarias, de xeito que a súa voz terá peso na adquisición de fondos deste ano.

viernes, 23 de septiembre de 2011

ESTREAMOS OUTONO

A pesar destes días tan veraniegos, hoxe entramos de cheo no outono.  

As árbores espidiñas
sen follas,
sen folliñas.

Os esqueletos de xeo
amosan
os seus outonos,
os seus laios,
os seus soños.

Unha alfombra
cobre o chan,
tapiz de follas caídas,
folliñas
que veñen e van.

Folliñas
lixeiras e secas
fatigadas
de troular.
Folliñas
que bailan 
co vento
todos collidos
 da man.

                 Antonio García Teijeiro

miércoles, 21 de septiembre de 2011

AS CORES DAS FRORES

A pesar de todos os ataques ao ensino público, nos continuaremos loitando por dar unha resposta educativa de calidade a todo o alumnado.


martes, 20 de septiembre de 2011

INSTRUMENTOS MUSICAIS GALEGOS

Os instrumentos musicais na tradición galega”, é un web que, tal e como afirma o seu autor, Pablo Carpintero,  contén información de distinta índole sobre os instrumentos musicais tradicionais galegos. Nela poderás achar unha descrición detallada de cada instrumento musical, os seus nomes tradicionais, a súa historia e tamén información sobre quen, cando, como e onde se tocaba, entre outras cousas. Tamén poderás ver fotografías e deseños dos instrumentos, realizados por Ramón Marín, así como un vídeo onde poderás ver como se toca e como soa cada instrumento musical.

Vinchas, cantagalos, ferreñas, rabel, rin-ran, chirimías ou palletas, comparten espazo con outros máis coñecidos como pandeiros, castañolas, gaitas e zanfoñas.

Aloxado no portal do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega, esta páxina é un recurso de grande utilidade na educación.

Dende aquí tamén poderás aceder ao Proxecto Ronsel, que ten como guía a desenvolver en cinco anos,  a realización do inventario, a salvagarda e a posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) de Galicia.



lunes, 19 de septiembre de 2011

BIBLIOTECA ESCOLAR, ÚLTIMA XERACIÓN

Este é o cartez das Bibliotecas escolares de Galicia para este curso 2011-12. Creado pola ilustradora galega Enma Ríos que fai unha interpretación do mundo de soños e de información, de integración e convivencia que podo constituir a biblioteca escolar.

miércoles, 14 de septiembre de 2011

FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS

Este ano imos comezar o traballo na biblioteca "coñecendo a biblioteca", cun proxecto de formación de usuarios e usuarias. Así, tanto o profesorado e a todo o alumnado aprenderá todo o relativo á organziación e uso da biblioteca.
Estes días estamos organizando e ultimando todos os recunchos deste outeiro, pero en breve chamaremos a todas as vosas profesoras e profesores para empezar e traballar... e despois iredes todos e todas vos.

miércoles, 7 de septiembre de 2011

jueves, 1 de septiembre de 2011

COMEZAMOS....

Ola a todas e a todos!

Despois de todo un verán de descanso e lecturas moi divertidas o cole vaise enchendo de xente. O certo é que tiven algunha visita durante estes dous meses pero hoxe chegaron todas as mestras e mestres con moitas ganas de traballar. 
Vos aproveitade estes últimos días porque tamén vos queda pouco para comezar o traballo. Avísovos: estou preparando moitas novidades na biblioteca!!!

miércoles, 13 de julio de 2011

É UN LIBRO


¡Es un libro! de Lane Smith e publicado pola editorial Océano. Dous animais moi tenros que nos amosan cales son as vantaxes de ler en calquera formato.