lunes, 31 de enero de 2011

A VENTÁ DA BIBLIOTECA

Xa temos lista a ventá da bilbioteca para traballar o proxecto deste trimestre, que xa sabedes que trata sobre a alimentación saudable.


Así que continuade investigando, que moi pronto haberá novas e interesantes propostas.

martes, 25 de enero de 2011

CONTINUAMOS TRABALLANDO A PAZ

Xa sabedes que me encantan as actividades LIM e que as propoño sempre que podo. Pois chegou o momento de achegarvos unha nova proposta  para que os máis maiores do cole traballen e aprendan cousas  sobre o Día da Paz. Foi elaborado por unha Tolinha chamda Belén e podes traballar en galego, castelán ou inglés... só tes que premer na imaxe e pasar un bo rato.

domingo, 23 de enero de 2011

A OVELLIÑA QUE VEU CEAR

 
Para continuar cos traballos da semana da paz, aquí tedes un conto que traballa o valor da amizade e solidariedade. 
La ovejita que vino a cenar é unha historia de  Joelle Dreidemy e está editado por Edicións Beascoa. 
Espero que vos guste.


miércoles, 19 de enero de 2011

NOVO PROXECTO INTEGRADO

Acabo de enviarlle unha carta aos vosos mestres e mestras para comezar a traballar nun estupendo proxecto.  Para ler o seu contido só tedes que premer no sobre.
A ver que vos parece.


Preme na imaxe e acederás ao noso mural de investigación.

domingo, 16 de enero de 2011

RECURSOS PARA TRABALLAR A PAZ

Cada 30 de xaneiro, cabodano do pasamento de Gandhi,  conmemoramos o Día Escolar pola Paz e a non Violencia. Como cada ano, no noso cole levaranse a cabo actividades que nos lembren a necesidade de traballar por un mundo máis xusto... sen conflictos... con PAZ.

Por iso colgamos xa un enlace permanente no blogue con todos os recursos e actividades para traballar nas aulas e nas casas.



E para comezar o traballo, quero presentarvos un conto que nos lembra a necesidade de cooperar e compartir cos demais. Espero que vos guste.


sábado, 15 de enero de 2011

CÓMEME... BÉBEME

O alumnado do 6º curso de Educación Infantil están traballando a historia de Alicia no país das maravillas no obradoiro de estimulación da linguaxe. É por iso que non podo resistirme a amosarvos este video dunha versión "tecnolóxica" da historia.


miércoles, 12 de enero de 2011

APRENDER A ESTUDIAR

Entre todas as informacións dos blogues das biblitoecas, hoxe atopei unha moi interesante e útil. Unha páxina para aprender a estudiar.  Aquí poderás atopar consellos para mellorar a concentración e a memoria, para elaborar os traballos, conseguir información e moitas cousas mái. Tamén hai información para as familias e o profesorado. A que esperas para botarlle unha ollada?



Grazas ao Blogue de Donte por esta achega.

lunes, 10 de enero de 2011

ESTAMOS DE VOLTA

Quero darvos a benvida a todas e todos vos neste 2º trimestre.
Espero que este descanso servira para cargar enerxías porque imos continuar traballando e aprendendo unha chea de cousas.

Terei que quitar o meu traxe de pirata porque deixamos a illa de San Simón e moi pronto comezaremos un novo proxecto.
 
Estade moi atentas e moi atentos ás novas da biblioteca. 

miércoles, 5 de enero de 2011

O SOLDADIÑO DE CHUMBO

Espero que nesta noite máxica, a visita dos Reis Magos deixe en todas as casas unha chea de libro. Eu xa estou facendo sitio nas estanterías para os meus!  

Grazas aos compañeiros de Trafegando Ronseis coñecín un fermoso álbum ilustrado da editorial Galaxia. É unha vella historia que nos chega agora adaptada ao galego e con DVD incorporado.

O texto literario de H.C. Andersen foi adaptado ao galego e para os novos formatos dixitais por Xavier Senín, a partir da curtametraxe animada ambientada no Museo do Xoguete de Allariz que Continental Producciones e Algarabía Animación presentaran hai pouco máis dun ano.
A creación segue a técnica do stop-motion e emprega os deseños de Alfonso Costa, a música de Emilio Aragón e as voces de Luis Piedrahita ou Manuel Manquiña, entre outros.