lunes, 28 de febrero de 2011

LIM DO ENTROIDO

Estamos de cheo na semana do entroido: xa puxemos os zapatos de diferentes cores, mañá toca traer algo na cabeza... e que tocará despois? ... unha bata de raias?... unha capa?

Mentras agardamos podemos continuar aprendendo cousas sobre a festa do entroido en Galiza xogando con este LIM que xa está recollido no noso enlace de recursos da columna dereira. Trátase dun LIM feito de forma colaborativa entre varias persoas e que podes atopar na páxina de actividades LIM. Espero que vos guste.

ORDE PARA O MARTES




Faille caso a Matilda
 porque o martes tes que vir
  con algo posto na cabeza
  para non parar de rir

sábado, 26 de febrero de 2011

ORDE DE MATILDA


Se ti queres neste entroido
pasalo moito mellor
tes que vir o luns á escola
cun zapato de cada cor

viernes, 25 de febrero de 2011

jueves, 24 de febrero de 2011

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe, 24 de febreiro, lembramos o nacemento dunha das nosas máis ilustres escritoras, Rosalía de Castro. Escritora de obras como Cantares Gallegos e Follas Novas, podes ampliar os teus coñecementos sobre ela
consultando e descargando algunhas das súas obras en verso e prosa.

Para coñecer a súa vida,  vealí vai un conto editado pola Fundación Rosalía de Castro: 


E unha Web Quest para investigar sobre a súa vida e a súa obra.

miércoles, 23 de febrero de 2011

AS ABELLAS

Os máis pequenos do cole foron de visita á clase dos maiores de educación infantil. Por que? Pois porque están aprendendo moitas cousas sobre as abellas e ata teñen unha colmea na aula. Así, os maiores contáronlle aos pequenos como son as colmeas, quen vive nelas, que fai cada tipo de abella e como se recolle o mel.
E para rematar, todas e todos poideron probar o mel directamente do panal. Unha delicia!!

 

lunes, 21 de febrero de 2011

EDILIM de alimentación saudable

Leva un tempo no pucheiro, a lume manso, pero agora xa está lista para servir. Espero que gocedes con este LIM.

domingo, 20 de febrero de 2011

ENTROIDO SAUDABLE

Esta será unha semana de moito traballo ultimando todos os detalles do noso "entroido saudable". Para ir abrindo boca, aquí tedes unha escolma de recursos para aprender cousas do entroido e, como non, para xogar e divertirvos. Este enlace pasará a formar parte da columna daa dereita para que a teñades a man sempre que a precisedes.


sábado, 19 de febrero de 2011

ALIMENTACIÓN SAUDABLE... CONSUMO RESPONSABLE

A alimentación saudable que estamos a traballar neste trimestre vai ligada a unha importante responsabilidade como persoas consumidoras. No momento de facer a compra debemos ser responsable e reflexionar sobre o tipo de envases que consumimos, a procedencia destes produtos, etc.

A modo de campaña de concienciación, velaí vos deixo este video de Sol Linero.

viernes, 18 de febrero de 2011

BON APETIT

En Trafegando Ronseis atopei este video que lle da un toque de humor ao noso proxecto.



jueves, 17 de febrero de 2011

TRABALLAMOS NA BIBLIOTECA

Esta semana estamos reuníndonos na biblioteca para continuar aprendendo cousas sobre a aliementación. Puidemos ver unha presentación sobre os diferentes tipos de alimentos e a súa composición, ademais de gozar cunhas canción moi divertidas. Foi unha merenda moi boa!



Para ver a presentación polo paso a paso e ter aceso aos enlaces dos video, preme aquí.

E como non, velaí vai unha proxeción das fotos destes encontros na biblioteca.

lunes, 14 de febrero de 2011

DILLO EN GALEGO

Como levamos todo o día escoitando falar de amor por todos lados, non me resisto a colgar un consello:



Grazas a Trafegando Ronseis pola achega.

viernes, 11 de febrero de 2011

XOGOS ALIMENTACIÓN

Mentras prepao os nosos porpios xogos, achégovos este mural con cantidade de opcións para pasar unha estupenda fin de semana xogando en familia. Ademais, poderedes demostrar todo o aprendido sobre a alimentación e as dietas saudables.
Se queres ampliar a imaxe do mural so tes que premer na imaxe. Despois tes que premer na imaxe que máis te guste.

miércoles, 9 de febrero de 2011

FRUIT STORY

Preséntovos as creacións que fixeron os alumnos e alumnas do 5º curso, que traballaron o libro Fruit Story na clase de Lingua Inglesa. É un libro perfecto para estas data porque traballa o tema da convivencia a través das froitas... non poderíamos ter unha alimentación máis saudable.


martes, 8 de febrero de 2011

SALÓN DO LIBRO INFANTILE XUVENIL

Xa comezou o XII Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra, centrado este este ano nun comportamento moi importante nos contos e nas nosas vidas:  a mentira. Como cada ano, podemos atopar actividades para os coles e tamén para as familias, así que xa tedes unha actividades máis para compartir xuntos.


lunes, 7 de febrero de 2011

A EIRUGA LARPEIRA

Como estamos a traballar a alimentación saudable, que mellor que retomar a lectura duns dos contos favoritos dos máis pequerrechos do cole.



E despois de ler o conto, podes xogar con este divertido xogo  que fixeron no CEIP de Viñas (Poio). Só tes que premer na imaxe.

viernes, 4 de febrero de 2011

Todo o mundo está traballando arreo no tema da alimentación. Tanto que o noso mural de investigación foi ampliado con máis enlaces para buscar, investigar, debatir... Poderás acceder a toda esta información premendo na imaxe de abaixo.


jueves, 3 de febrero de 2011

LIBROS E CONTOS PARA COMER

Dende a biblioteca preparamos, a lume manso, toda unha seleción de libros sobre a alimentación clasificada por ciclos. Poderás velos na seguinte presentación.



Se gostaches dalgún destes libros e queres coñecer a súa referencia, so tes que buscalo neste  documento.

miércoles, 2 de febrero de 2011

UNIDADES DIDÁCTICAS:Alimentación saudable

Xa estamos totalmente mergullados no proxecto deste trimestre sobre a alimentación saudable. Xa consultamos os enlaces para investigar, artellamos a ventá da biblioteca... e agora chegan as unidades dídácticas elaboradas para cada un dos ciclos.
Espero que aprendades moitas cousas con todas as nosas propostas.


PARA EDUCACIÓN INFANTIL



PARA O 1º CICLO




PARA O 2º CICLO



PARA O 3º CICLO

martes, 1 de febrero de 2011

O NOSO DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro é o día da Paz e a non violencia. Como foi un domingo, adiámolo para o luns 31. O certo é que levamos tempo traballando sobre o tema e preparando o mural para hoxe. Estampamos as nosas mans de cores na parede e entre todo o cole creamos un arco da vella pola paz.
Hoxe volvemos facer un arco da vella, pero esta vez cos banderíns da paz que levábamos nas mans. Quedou unha celebración  moi alegre, como ten ser toda celabración da paz.
E cantamos, claro que cantamos. Imagine, de John Lenon. E soltamos unha pombas... toda unha celebración para lembrar a importacia de traballar e vivir pola paz.
Como sempre, velaí vai unha mostra do noso día da paz.


E se picas na imaxe de abaixo poderás aceder a todas as fotos deste día.