jueves, 31 de marzo de 2011

RECURSOS DIA DO LIBRO

Para entrar no mes de abril cunha boa preparación, fixemos unha escola de recursos e actividades para traballar o día do libro e o fomento da lectura. Só tes que premer a imaxe de abaixo, que pasará a formar parte deste blog ocupando un posto permanente na columna da esquerda.

miércoles, 30 de marzo de 2011

ABRIL, MES DOS LIBROS


Está a piques de comezar o mes de abril, o mes dos libros... o mes no que ten lugar a actividade "4 libros, 4 autores"... o mes que no que máis traballamos os libros e as súas historias... 

Podes consultar as nosas actividades no programa:

martes, 29 de marzo de 2011

SOMOS O QUE COMEMOS

O proxecto de alimentación saudable chega ata as clases de educación plástica, onde transformamos as froitas e os vexetais en novas e orixinais criaturas.

lunes, 28 de marzo de 2011

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO INFANTIL





O vindeiro vernes celebraremos o Día do Libro Infantil e Xuvenil cunha sesión de contacontos moi especial: cada curso recibirá a visita doutros compañeiros e compañeiras do cole para contarlles unha historia ou un conto preparado para eles.

Ademais, estamos preparando uns marcapáxinas coa imaxe de Matilda para facer un intercambio de agasallos. Están quedando moi chulos pero son un segredo ata que chegue o día dos contacontos... paciencia!

sábado, 26 de marzo de 2011

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O día 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY (International Board on Books for young people) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

Cada ano selecionase un escritor ou unha escritora representativa e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora do cada país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos e nenas e o cartel distribúese por todo o mundo promovendo a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librerías, etc. 

Desta volta correspondeu a confección do cartel á ilustradora Noemí Vilamuza e do texto da mensaxe ao escritor Eliacer Cansino.

Podes descargar o texto dispoñible nos catro idiomas oficiais premendo na imaxe do cartel.

jueves, 24 de marzo de 2011

PRIMAVERARTE

Impresionane coleción de fotografías as recollidas neste video. Mira con atención e descubre os detalles.


miércoles, 23 de marzo de 2011

CHARLA ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Continuamos aprendendo a alimentarmonos ben. Desta volta viñeron a falarnos  Teea e Chus, dúas expertsa en elaboración de menús saudables que nos lembraron a importacia de escoller ben os alimentos de cada unha das comidas do día.
Propuxéronnos un xogo: recoñecer alimentos polo olor e polo sabor, cos ollo pechados, claro... e adiviñamos todos!!!

martes, 22 de marzo de 2011

DÍA DA AUGA

Un bonito conto para lembrar o día da auga.


E se queres ver máis conto sobre este tema, aquí tes as suxerencias da editorial OQO.

lunes, 21 de marzo de 2011

LIBRO DE POESÍA

Hoxe quero presentarvos un libro moi especial que xa puiden ler e gozar e que podes atopar na nosa biblioteca: O meu gato é un poeta. 

Trátase dun libro de Fran Alonso no que a través dos enredos dun gato poeta descubrimos outra ollada da poesía lúdica, divertida e desmitificada.
Aquí a poesía achégase a modo de obradoiro e de xogo, con narración, poesía visual, música... 

O libro vai acompañado dun CD con música de Xurxo Souto e a clave para aceder a súa propia páxina web http://www.gatopoeta.net/ aínda que a clave de aceso só poderás atopala no libro... cousas de gato reservado, di.    

Queres escoitar unha das poesías cantadas do CD? Pois  dalle a "play"


    
Podes atopar máis información sobre este libro na propia páxina do autor Cabrafanada.

martes, 15 de marzo de 2011

TRABALLAMOS A POESÍA

Vaise achegando o día da poesía así que vos achegamos unha chea de actividades e recursos para traballar nas aulas.  Podes aceder a eles premendo nesta imaxe, que tamén quedará pendurado na columna esquerda do noso blog a partires de agora.

lunes, 14 de marzo de 2011

FOTOS DO DÍA DA ÁRBORE

Xa podedes ver as fotos do día da árbore: a subida polo monte, a merenda, como prantamos as árbores  e as regamos, colocamos as casetas dos paxaros e o recitado da poesía Se eu fora árbore. Prestade moita atención porque ao final do video poderedes escoitar a poesía recitada por varios alumnos e alumnas do cole.

viernes, 11 de marzo de 2011

AS FOTOS DO ENTROIDO

Por fin están aquí! Tivéchedes moita paciencia agardando por elas, pero as cousas boas fanse esperar... Espero que gostedes do espectáculo.

jueves, 10 de marzo de 2011

DÍA DA ÁRBORE

Mañá iremos ao monte a facer un duro traballo: prantar árbores. Como cada ano, acompañaremos á Comunidade de Montes e faremos un importante labor de repoboación da zona. Ademais, colocaremos unha casetas de madeira para os paxaros pintadas por nos.
Para ir abrindo boca, deixovos un novo LIM sobre as árbores de Galiza feito polas compañeiras e compañeiros do CEIP Frian - Teis para que aprendades moitas cousas sobre o que podes atopar nos nosos montes.

miércoles, 9 de marzo de 2011

SEMANA DA PRENSA

Esta semana temos unha cita cos xornais, porque todos os centros celebramos a semana da prensa.
Achegámosvos unha seleción de recursos e actividades que poderás atopar no imaxe de abaixo, que quedará pendurada da columna da dereita para que podas atopalos cando gustes.


E para comezar a traballar o tema achégovos un LIM sobre a prensa que comparten con nos os compañeiros e compañeiras do CEP Dr. Fleming.


viernes, 4 de marzo de 2011

CELEBRAMOS O ENTROIDO

Despois de toda unha semana de ordes e adornos varios, hoxe, por fin, celebramos o entroido no noso cole. Como estamos traballando a alimentación, cada ciclo escolleu un tema relacionado co proxecto: as abellas e os tarros de mel, os cociñeiros e cociñeiras coas súa potas cheas de grelos, os pratos do menú, os garfos e as culleres. Todo un desfile!

Non vos preocupedes que en canto saian do forno todas as fotos poderedes ver o feitiños e feitiñas que están. Tede paciencia. 
E mentras esperades por elas podedes ir traballando nesas riquísimas receitas de cociña que tedes que elaborar nas casas.

DIA DAS MULLERES

O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller Traballadora e lembramos a necesidade de continuar traballando pola participación das mulleres en todos os ámbitos da vida e da sociedade, procurando o seu desenvolvemento integral como persoa.
A pesar de que nalgúns lugares téñense acadado cambios... avances... aínda queda moito camiño por percorrer.

Baixo o lema La educación no es un cuento: por los derechos de las niñas y las mujeres, a Campaña Mundial pola Educación está traballando na SAME 2011 para lembrarlles aos líderes políticos as dificultades que milleiros de nenas e mulleres teñen para aceder a unha educación de calidade.

Grazas e aTrafegando Ronseis descubrimos esta campaña e o seu video promocional.


Podes atopar os recuros facilitados por esta campaña e moitos máis no noso enlace da columna dereita sobre muller, igualdade e coeducación.

jueves, 3 de marzo de 2011

TODO LISTO


As ordes para o entroido chegan ao seu fin. Como podedes ver, eu puxen todo o que tiña que por durante esta semana e estou moi contenta coa vosa participación.

Lembrade que mañá é o día do desfile e cada quen ten que traer o que se falou na súa clase.

miércoles, 2 de marzo de 2011

ORDE PARA O XOVES

Este meco de Matilda
o xoves vai rematar
e unha cousa da casiña
no pescozo has de levar


martes, 1 de marzo de 2011

ORDE PARA O MÉRCORES

Para o mércores Matilda
algo vai mandar traer
tes que adornar a cariña
co que queiras ti poñer

VISITA A APIPOLIS

O pasado xoves día 24 todo o alumnado de infantil foi de excursión a Apípolis, un centro de educación ambiental no que nos achegamos un pouco máis ao extraordinario mundo das abellas.
Vestímonos de apicultoras e apicultores para achegármonos, sen medo, ao apiario e ver como viven as abellas nas colmeas; extraimos, colamos e envasamos mel; degustamos mel e polen; elaboramos galletas de mel e fixemos unhas candeas
Para que vexades o ben que o pasou todo o grupo, velaí van unha fotos que recollen as actividades do día.