miércoles, 29 de junio de 2011

10 VIAXES E UN SOÑO


Teño xa entre as miñas mans un libro polo que levo agardando algún tempo e, cousas do azar, chega xusto coas vacacións. 10 viajes y un sueño, da editorial Combel. Un libro en pop-up no que cada páxina agocha un escenario dunha viaxe detrás dun vehículo diferente que a autora nos propón para viaxar. Toda unha viaxe chea de poesía.
Por certo, o texto é de Meritxell Martí e as ilustracións son de Xavier Salomó 

Boa viaxe!

sábado, 25 de junio de 2011

E CHEGARON OS VIDEOS DO FESTIVAL

Xa temos preparados os videos do festival das Letras Galegas 2011. Para acceder a eles so tes que premer na imaxe do curso que te interesa. Espero que vos gusten.

A primeira actuación do festival correu a cargo dun conto musical chamado "As dez galiñas" que representou o alumnado de Ed. Infantil. Se queres descargar a letra do conto fai clic aquí e se queres descargar a canción fai clic aquí.



A segunda actuación foi un poema titulado "Amolado" que representou outro grupo de alumnos e alumnas de Ed. Infantil e que tamén podes descargar aquí.

A terceira actuación, tamén de Ed. Infantil, foi a dramatización da  canción da illa de San Simón. Se queres descargar a canción fai clic aquí.



A continuación o alumnado de 1ºA representou unha cantiga tradicional chamada "O xogo da carrasquiña". Se queres descargar a canción fai clic aquí.

      

Despois, o alumnado de 1ºB representou outra cantiga tradicional chamada "Don Melitón".


 O alumnado de 2º representou e dramatizou o conto e a canción "O pirata Metepata".


O teatro foi a actuación do alumnado de 3º que represenou a obra "Xoana sen medo".


Por outra banda, o alumnado de 4º representou unha peza do grupo galego Berrogüeto titulada "As covas do rei Cintolo" utilizando instrumentos feitos por eles con material de refugallo. Se queres, descarga o audio.
 

 A continuación, o alumnado de 6º realizou unha actuación vogal e instrumental basada nunha mestura de cancións do artista galego Andrés do Barro. Se queres podes descargar a letra e os musicogramas empregados.


E por último, a actuación de 5 que realizou unha mestura de diferentes sketchs con temática de luz negra, ainda que esta actuación non foi toalmente gravada.

viernes, 24 de junio de 2011

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2011

Xa temos preparadas as fotos do festival das Letras Galegas. Espero que vos gusten tanto como as actuacións en directo. E se queredes descargalas no voso ordenador, só tedes que premer aquí e escoller as que máis vos gusten.

Parabéns a todos os nenos e a todas as nenas polo fantástico traballo.



E estades moi atentos porque axiña vos traeremos os videos das actuacións.

jueves, 23 de junio de 2011

FELICES VACACIÓNS!!!!

Por fin chegaron as vacacións que tanto vos merecedes. Deséxovos a todos os nenos e neas, a todo o profesorado e a todas as familias un felíz verán. E non esquezades as vosas lecturas, que tamén en verán nos descubren mil e unha aventuras.
Vémonos en setembro neste outeiro.
Motisimos bicos e achuchóns.


miércoles, 22 de junio de 2011

ACTIVIDADES DO CURSO 2010-11

Durante este fixemos moitisimas actividades que fóchedes vendo no neste blog. Agora amosámosvos un breve resume de todas elas que foi proxetado no festival das Letras Galegas deste ano.

martes, 21 de junio de 2011

HOMENAXE LOIS PEREIRO

Hoxe tivemos o noso festival das Letras Galegas, un fantástico espectáculo no que participou todo o colexio e fixemos a nosa particular homenaxe a Lois Pereiro.
Se queredes volver a ver todo o que alí pasou, estade atentas e atentos porque iremos publicando todo, todo, todo.

E para empezar, aí vai a nosa presentación sobre a vida e a obra de Lois Pereiro, con cartaces elaborados polo alumnado de todos os cursos e narrado por eles mesmos.

AVISO URXENTE PARA AS FAMILIAS

Estamos preparando xa a publicación dos videos e das fotos do festival das Letras Galegas celebrado hoxe pero, por problemas técnicos, non puidemos gravar as actuacións dos cursos 4º, 5º e 6º. Como moitos e moitas de vos tiñades cámaras de video, pedímosvos unha copia para poder compartila con todos e todas.
Si alguén ten unha desas copia, pode poñerse en contacto con María, a mestra de Audición e Linguaxe do cole, ou enviar unha mensaxe por correo ao enderezo do blog, ou mesmo facer un comentario ao pe desta entrada.
Moitísimas grazas pola vosa participación.

viernes, 17 de junio de 2011

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Chega o Festival das Letras Galegas 2011, que xira ao redor da figura de Lois Pereiro
Este ano as actuacións e propostas fixéronse esperar algo máis do esperado pero xa está todo listo e preparado... o vindeiro martes día 21, as 17:00 horas poderes gozar co espectáculo.
E para que vos fagades unha idea do que vos espera, velaí vai o programa do festival. 


 

Vémonos o martes.

jueves, 16 de junio de 2011

UNHA VIAXE MOI ESPECIAL

Os alumnos e alumnas do 1º ciclo fixemos unha viaxe moi especial. Comezamos o noso periplo en autobús ata Pontevedra e alí embarcamos nun catamarán que nos levou pola ría de Pontevedra dando un fantástico paseo. 
Visitamos a Escola Naval de Marín, onde nos amosaron como funciona un simulador de navegación e poidemos ver as estrelas e os planetas no seu planetario. Dende alí continuamos a viaxe en barco ata a praia de Aguete, onde xantamos e gozamos do lindo cuns fantástico xogos. 
A pesar de que o sol non apareceu ata o mediodía, pasámolo moi ben mirando os peixes dende o barco e xogando co paracaidas.

Unha fantástica xornada para despedir o curso como todos merecedes.

lunes, 13 de junio de 2011

RECOMENDACIÓNS DO 3º TRIMESTRE

Velaí van as lecturas que vos recomendamos neste 3º e último trimestre do curso. Espero que gocedes moito con elas.

jueves, 9 de junio de 2011

ÚLTIMA SEMANA DE PRÉSTAMO DE LIBROS

 
O curso vai chegando ao seu fin e temos que ir rematando algúns proxectos e actividades levadas a cabo durante o curso. É por iso que esta semana rematamos co servizo de préstamo de libros, así que aproveita ben a semana e escolle unha boa lectura.

Lembra que poderedes continuar usando a biblioteca no tempo de recreo para escoitar música, facer consultas nos ordenadores ou simplemente pasar un bo rato lendo nun dos nosos recunchos.

miércoles, 8 de junio de 2011

CREANDO

Tiña este video gardado para esta semana e case o esquezo. Seguide traballando polo coidado e o respeto ao medio ambiente.


martes, 7 de junio de 2011

LIBRO DE RECETAS

Seguindo co proxecto de "Alimentación saudable", o noso alumnado elaborou, en colaboración coas súas familias, un fantástico libro de recetas.

domingo, 5 de junio de 2011

DIA DO MEDIO AMBIENTE

Para traballar no día mundial do medio ambiente, vai un LIM sobre reciclaxe. Para ampliar a imaxe, preme no debuxo dunha pantalla de ordenador.


Grazas Belén.

HISTORIA DUNHA ÁRBORE

Miguel Ángel Cuesta publica na editorial Juventud Historia de un árbol, a historia dunha árobre que vivia feliz no bosque ata que un día todo muda...Unha chamada á salvación do medio ambiente.

Un libro que axuda a comprender a importancia do respecto ao bosque e a importancia da natureza, así como a destrución continua á que a sometemos.

Está é a nosa recomendación  para o 5 de xuño,  Día Mundial do Medio Ambiente.
Podes consultar máis libros con contido ecolóxico nas recomendacións de SOL.

jueves, 2 de junio de 2011

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no  Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:

A insoportable levedade das bibliotecas escolares galegas
Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente  de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na  iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos,  esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes  en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son  seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos  incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada  centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino  xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro  será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.

miércoles, 1 de junio de 2011

BLOGUE DE MÚSICA

Este ano estamos "blogueados". Xa temos aberto o blogue de música, para que poidades seguir as clases e acceder ao material que traballades. Xa non tedes escusa para estar ao día. Só tedes que entrar premendo na imaxe e...listo.
Espero que vos guste.