miércoles, 13 de julio de 2011

É UN LIBRO


¡Es un libro! de Lane Smith e publicado pola editorial Océano. Dous animais moi tenros que nos amosan cales son as vantaxes de ler en calquera formato.

lunes, 11 de julio de 2011

PARA SER BOAS LECTORAS E BOS LECTORES

Dende Leer.es achégannos 10 consellos para ser boas lectoras e bos lectores. Se queres saber cales son só tes que premer na imaxe.

viernes, 8 de julio de 2011

APRENDER FACENDO

Sempre é un bo exercicio reflexionar sobre as nosas prácticas educativas... incluso no verán.


Visto en Trafegando Ronseis.

miércoles, 6 de julio de 2011

A MAIOR FLOR DO MUNDO

Un relato para pequenos e adultos escrito e narrado por José Saramago. Unha curta colmada de símbolos e enigmas, destinado a unha infancia que crece nun mundo rachado polo individualismo, a desesperanza e a falla de ideais.
Dirixido por Juan Pablo Etcheverry, que adaptou "A maior flor do mundo" con ilustacións de Diego Mallo.

lunes, 4 de julio de 2011

COMO AGUA

A veces lloro. Como hoy.

Igual que un volcán en erupción el llanto

comienza en el profundo de mi barriga…

¿Y si los mares y los océanos

fueran las lágrimas de todas las personas

reunidas en un mismo lugar?



Con sinxeleza e poesía Carmen Sara Floriano Pardal explora a viaxe do pranto a través dos sentimientos dunha nena, interpretado por Susana Pérez Barrera co seu toque delicado e sensible que vos emocionará.
Unha nova alfaia da editorial Sleepyslaps.