jueves, 29 de septiembre de 2011

LIM de OUTONO

Agora que xa sabedes moitísimo sobre o outono, aquí tedes un xogo LIM preparado por unha mestra do CEIP O Pombal. Só tes ques premer na imaxe e gozar co xogo.

miércoles, 28 de septiembre de 2011

LEMBRANDO Á MULLER ÁRBORE

Wangari Maathai, é a autora do conto Wangari e as árbores da paz e a iniciadora do Movimento do Cinturón Verde para evitar a deforestación que sufría a súa comunidade, plantar árbores e protexer a diversidade biolóxica. Xunto con outras mulleres conseguiu plantar máis de 30 millóns de árbores en África. Este desafío fixo que fose coñecida como a "muller árbore".
Ademaís, foi a primeira muller africana que gañou o Premio Nóbel da Paz (2004).

Wangari morreu estes días despois dun longo tratamento contra o cancro. Tiña 71 anos.

martes, 27 de septiembre de 2011

RECURSOS OUTONO

E para continuar traballando o outono nas aulas, tedes unha chea de recursos na barra lateral do blog e premendo nesta imaxe.


domingo, 25 de septiembre de 2011

LECTURAS DE OUTONO

Esta é a nos seleción de lectura para gozar do outono. Premendo no botón "next" poderás ver máis estanterias cheas de libros. E non esquezas pasar pola biblioteca a buscar algún destes libros.

FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS

Dende hoxe xa está á vosa disposición unha nova páxina con toda a información e a documentación relativa á formación de usuarios e usuarios. Poderás atopala na cabeceira do blog, xusto debaixo da imaxe de Matilda.

sábado, 24 de septiembre de 2011

O NOSO CAIXÓN DE SUXERENCIAS

Estes días estreamos, ademais de outono, o noso novo caixón de suxerencias.

O caixón de suxerencias é un elemento fundamental na biblioteca. Aquí recollemos as peticións dos nosos lectores e lectoras: libros, actividades, temas, personaxes, etc.

O caixón permanecerá habitualmente na biblioteca, nun lugar visible, pero de cando en vez, como esta semana, dará un paseo polas aulas animando ó alumnado a participar aínda máis. 
Desta volta preguntámoslle ao alumnado do 3º ciclo polas súas preferencias literarias, de xeito que a súa voz terá peso na adquisición de fondos deste ano.

viernes, 23 de septiembre de 2011

ESTREAMOS OUTONO

A pesar destes días tan veraniegos, hoxe entramos de cheo no outono.  

As árbores espidiñas
sen follas,
sen folliñas.

Os esqueletos de xeo
amosan
os seus outonos,
os seus laios,
os seus soños.

Unha alfombra
cobre o chan,
tapiz de follas caídas,
folliñas
que veñen e van.

Folliñas
lixeiras e secas
fatigadas
de troular.
Folliñas
que bailan 
co vento
todos collidos
 da man.

                 Antonio García Teijeiro

miércoles, 21 de septiembre de 2011

AS CORES DAS FRORES

A pesar de todos os ataques ao ensino público, nos continuaremos loitando por dar unha resposta educativa de calidade a todo o alumnado.


martes, 20 de septiembre de 2011

INSTRUMENTOS MUSICAIS GALEGOS

Os instrumentos musicais na tradición galega”, é un web que, tal e como afirma o seu autor, Pablo Carpintero,  contén información de distinta índole sobre os instrumentos musicais tradicionais galegos. Nela poderás achar unha descrición detallada de cada instrumento musical, os seus nomes tradicionais, a súa historia e tamén información sobre quen, cando, como e onde se tocaba, entre outras cousas. Tamén poderás ver fotografías e deseños dos instrumentos, realizados por Ramón Marín, así como un vídeo onde poderás ver como se toca e como soa cada instrumento musical.

Vinchas, cantagalos, ferreñas, rabel, rin-ran, chirimías ou palletas, comparten espazo con outros máis coñecidos como pandeiros, castañolas, gaitas e zanfoñas.

Aloxado no portal do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega, esta páxina é un recurso de grande utilidade na educación.

Dende aquí tamén poderás aceder ao Proxecto Ronsel, que ten como guía a desenvolver en cinco anos,  a realización do inventario, a salvagarda e a posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) de Galicia.



lunes, 19 de septiembre de 2011

BIBLIOTECA ESCOLAR, ÚLTIMA XERACIÓN

Este é o cartez das Bibliotecas escolares de Galicia para este curso 2011-12. Creado pola ilustradora galega Enma Ríos que fai unha interpretación do mundo de soños e de información, de integración e convivencia que podo constituir a biblioteca escolar.

miércoles, 14 de septiembre de 2011

FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS

Este ano imos comezar o traballo na biblioteca "coñecendo a biblioteca", cun proxecto de formación de usuarios e usuarias. Así, tanto o profesorado e a todo o alumnado aprenderá todo o relativo á organziación e uso da biblioteca.
Estes días estamos organizando e ultimando todos os recunchos deste outeiro, pero en breve chamaremos a todas as vosas profesoras e profesores para empezar e traballar... e despois iredes todos e todas vos.

miércoles, 7 de septiembre de 2011

jueves, 1 de septiembre de 2011

COMEZAMOS....

Ola a todas e a todos!

Despois de todo un verán de descanso e lecturas moi divertidas o cole vaise enchendo de xente. O certo é que tiven algunha visita durante estes dous meses pero hoxe chegaron todas as mestras e mestres con moitas ganas de traballar. 
Vos aproveitade estes últimos días porque tamén vos queda pouco para comezar o traballo. Avísovos: estou preparando moitas novidades na biblioteca!!!