sábado, 29 de octubre de 2011

CONTOS DE MEDO

Velaí van as fotos dos contacontos tan especiais que tivemos no cole o día do Samaín. De verdade que todas estas nais e pais fixeron un traballo estupendo tanto na preparacións dos contos como nas representacións. 
Moitísimas grazas... e xa vos liaremos para outras festas!!!!

Click to play this Smilebox slideshow

viernes, 28 de octubre de 2011

BEASTY STORY

Hoxe celebramos o Samaín no noso cole. Durante toda a mañá os nosos alumnos e alumnado foron visitando as diferentes exposicións de "arte" que fixeron as familias para o Samaín e o outono. Xa poidéchedes ver o bonitiñas que quedaron. Despois, poideron ver un video-conto en inglés que lles deu moitiiiiisimo medo a todas e a todos.


Tamén houbo sesión de contacontos: algunhas mamás prepararon uns relatos terroríficos e divertidos, a gusto de todo o cole. Fixeron un traballo estupendo que pronto poderedes ver nas fotos que vos estou preparando.

Mentras tanto, podedes ver o video-conto unha vez máis. 

FORMACION DE USUARIOS COS BOLECHAS

Dende a biblioteca do CEIP Curros Enríquez de Celanova, chéganos este estupendo video baseado no conto Os Bolechas queren saber como é unha biblioteca. Estou seguro que os máis pequenos do cole aprenderán moito con eles.

jueves, 27 de octubre de 2011

O SAMAIN E O OUTONO ENCHEN O COLE

Os vosos traballos xa están espallados por todo o cole. 
Unha vez máis, as familias traballáchedes moitisimo e fixéchedes cousas moi bonitas e orixinais para que Samaín e o outono encheran os corredores do cole.
Moitísimas grazas e todas e a todos por participar. 
Espero que vos guste o resultado.

Click to play this Smilebox slideshow

miércoles, 26 de octubre de 2011

UN SAMAÍN DE CONXUROS

Un estupendo xogo LIM do Samaín elaborado polos compañeiros e compañeiras do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP A Pedra. Moitas grazas por compartir este traballo. Para xogar so tes que premer na imaxe.

martes, 25 de octubre de 2011

CORRE, CORRE CABACIÑA

Vai unha canción de medo e un dos meus contos favoritos para estes tempo de cabazas.... que ademais vai cantado.




lunes, 24 de octubre de 2011

A NOSA BIBLIOTECA

Hoxe quero ensinarvos o meu novo outeiro. Despois de moito tempo e traballo, a biblioteca mudou a súa cara e fixo moitos cambios. Para os que non a coñecedes van estas fotos e a invitación a visitarme condo gostedes. Espérovos.

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Se hai dous días conmemorábase o día das biblitoecas escolares, hoxe é o día das Bibliotecas, así, sen máis.
Para celebralo convídote a dar un fabuloso paseo por algunha das biblitoecas máis fermosas do mundo. Pero non esquezas que, máis ou menos fermosas, de certo terás unha biblioteca perto da túa casa. Non deixes de visitala.

sábado, 22 de octubre de 2011

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLITOECAS ESCOLARES

Unha simpática curta cunha bibliotecaria malvaaaadaaaa en conmemoración do día das Bibliotecas escolares.
Moitas grazas a todas as compañeiras e compañeiros que adican gran parte do seu tempo "de non docencia" a este inmenso traballo que son as biblitoecas escolares.

viernes, 21 de octubre de 2011

A PRIMEIRA EXCURSIÓN

O pasado xoves tivemos a nosa primeira excursión. Todo o alumnado de Educación Infantil foi camiñando ata o Monte Loureiro para achegarse un pouco a este outono tan tímido que estamos a ter. Alí poideron recoller follas secas, landras, piñas e demais restos de outono para despois facer diferentes traballos cole. E tamén xogaron moito, moito, moito.
O certo é que foi un día estupendo no que o pasaron moi ben...aínda que chegaron ao cole cansísimos de tanta actividade.
Para ver as fotos desta excursión, só tes que premer na imaxe e esperar a que empece a proxección.

Click to play this Smilebox slideshow

Moitas grazas ás mamás e papás do obradoiro de infantil que nos acompañaron e contribuiron a que a excursión fora tan xenial.

jueves, 20 de octubre de 2011

O XOGO DO SAMAIN

Demostra canto sabes do Samaín respondendo ás preguntas do cuestionario que atoparás premendo nesta imaxe.

miércoles, 19 de octubre de 2011

LECTURAS DE SAMAÍN

Estas son as lecturas que xa podes atopar na biblioteca sobre o Samaín. Ademáis, temos preparada para ti unha ampla seleción de lecturas de medo!!!!

martes, 18 de octubre de 2011

Os instrumentos chegan o cole

Pois si, no día de hoxe un grupo de alumnos e mestres de música do conservatorio de Redondela fixéronnos unha visita para mostrarnos os seus instrumentos a través dunha bonita historia. Foi moi bonito ver a compañeiros/as tocando os seus intrumentos cos mais maiores. Moi ben rapaces e rapazas, seguide mellorando así.
Por outro lado, lembrar que o vindeiro venres 21/10 os alumnos/as que queiran poderán visitar o conservatorio de Redondela e tocar libremente diferentes instrumentos para ver se entra o gusaniño... quen sabe!!!
Moitas gracias a tod@s por contribuir a este espectáculo.

TEMPO DE SAMAÍN

Vai chegando o tempo do Samaín... o tempo de gozar pasando medo...
No cole xa están en marcha as actividades e xa volas irei amosando pouco a pouco... Paciencia!! 
Coma sempre, terás unha ampla variedade de recursos premendo nesta imaxe que quedará de forma permanente na columna da esquerda. Espero que vos gusten.

lunes, 17 de octubre de 2011

CADERNOS ACTIVIDADES DA FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS

Xa están en marcha os cadernos con actividades para traballar a formación de usuarios e usuarias. Con estes traballos de investigación aprenderán moitísimas cousas sobre o funcionamento da nosa biblioteca.

Un caderno para o alumnado de Educación e o do 1º ciclo de Primaria:


E outro caderno para o alumnado do 2º e do 3º ciclo de Primaria.


jueves, 13 de octubre de 2011

HOSPITAL DE LIBROS

Este ano temos moitas novidades na nosa biblioteca. Algunha xa as coñecedes e outras irei amosándovolas aos poucos.

Hoxe preséntovos o hospital de libros, unha charca aloxada nun lugar ben visible da nosa biblioteca.

Aquí imos depositando os libros deteriorados polo uso para aplicarlles algún tipo de “cura” e deixalos novamente en condicións de circular polas aulas e as casas do noso alumnado.

miércoles, 12 de octubre de 2011

ALFABETO

Grazas a unha tolinha atopei qeste video do abecedario... encantoume e continua os contos que algúns de vos escoitáchedes na inauguración da biblitoeca.... pero en inglés!

lunes, 10 de octubre de 2011

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA

Hoxe inauguramos a nosa biblioteca. Foi unha xornada moi especial todos os nenos e nenas do cole pasaron pola biblioteca para comprobar os grandes cambios e asisitira unha sesión de contacontos. De aquí en adiante xa poderán levar libros para casa e gozar dos diferentes recunchos no tempo de recreo.
Velaí tedes as fotos dun día moi especial (so tes que darlle a PLAY e esperar que cargue o programa).


Click to play this Smilebox slideshow

sábado, 8 de octubre de 2011

AS MOCHILAS VIAXEIRAS XA ESTÁN PREPARADAS

Xa están lista as mochilas viaxeiras deste ano. O luns serán entregadas nas aulas e comezarán a súa viaxe polas casas do noso alumnado, para que toda a familia goce arredor dunha boa lectura.


 Para ir facendo boca, velaí van as instrucións de uso das mochilas viaxeiras.

viernes, 7 de octubre de 2011

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA

Xa o sabedes, este luns reabrimos a biblioteca para compartir moitas e maravillas aventuras coa lectura. Preparádevos porque vos agardan unha chea de sorpresas.

jueves, 6 de octubre de 2011

A CONDESA REBELDE


O Teatro Rosalía de Castro, na Coruña acollía onte a estrea da tv movie A condesa rebelde, na que se retrata a Emilia Pardo Bazán. O filme, unha coprodución da TVG e de Zénit Televisión, está dirixido por Zaza Ceballos e protagonizado por Susana Dans. A Secretaría Xeral de Igualdade distribuirá por centros de ensino de todo o país 5.000 copias desta produción e editará material didáctico para afondar nos valores da igualdade a partir da figura esta escritora. Esperamos a súa chegada para traballar esta figura tan importante da nosa historia.

miércoles, 5 de octubre de 2011

NAVEGA EN GALEGO

Para falar galego tamén na rede, podes configurar o teu navegador en galego. É moi sinxelo e podes atopar as explicacións neste video.

martes, 4 de octubre de 2011

ESCOLA PÚBLICA DE TOD@S E PARA TOD@S


AUDIOLIBROS

A editorial Rinoceronte acaba de publicar os primeiros audiolibros dispoñibles en galego. "É unha fórmula estupenda", defende o director da editorial, Moisés Barcia, "dado que existen múltiples actividades nas que non podemos soster un libro de papel nas mans, pero si escoitalo".
Montedidio, de Erri de Luca; Seda, de Baricco; A casa de Mango Street, de Sandra Cisneros; O ano do xardineiro, de Karel Capek; O tradutor cleptómano, de Dezso Kosztolányi e Skugga-baldur, de Sjón, conforman a primeira quenda de obras locutadas . O dramaturgo Santiago Cortegoso, e a actriz Sonia Rúa, poñen voz as novelas. "Trátase de libros xa editados en papel, de extensión breve e divididos en capítulos para facilitar unha escoita descontinua", explica Barcia, "e que ademais tiveron unha boa acollida na súa versión en papel". 

lunes, 3 de octubre de 2011

GUÍA USUARIAS E USUARIOS

Comezamos a formación de usuarios e usuarias con todo o profesorado lembrándolles algunhas cuestións como as normas da biblioteca, os servizos de préstamo e devolucións, etc.