miércoles, 30 de noviembre de 2011

CULTURGAL


Esta fin de semana tes unha cita co CULTURGAL, a Feira da Cultura Galega que terá lugar en Pontevedra os días 2, 3 e 4 de decembro
Alí poderedes achegarvos ás novidades editoriais, ó último en música, ó glamour do audiovisual, a maxia das artes escénicas e ós avances das novas tecnoloxías.
Se queres planificar ben a túa visita, visita a súa páxina ou consulta o programa o programa de actividades.

lunes, 28 de noviembre de 2011

APRENDE A USAR A CDU

Continuamos a formación de usuarias e usuarioas cun estupendo LIM elaborado polo CEP Dr. Fleming para aprender a manexar a CDU. Acederças a el premendo na imaxe.

miércoles, 23 de noviembre de 2011

25 NOVEMBRO: NON MAIS VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Para traballar o Día Internacional contra a violencia de xénero, atoparás recursos e actividades no enlace da barra lateral.


domingo, 20 de noviembre de 2011

ENQUISA DO NOSO PDI

Estamos xa preparando o noso PDI sobre Científicos e descubrimentos. Aínda que o proxecto non comenzará a traballarse ata o 2º trimestre, queremos ir recollendo a vosa opinión sobre os avances científicos e tecnolóxicos que considerades máis importantes para a humanidade así que temos preparada unha enquisa.
Estas preguntas chegarán tamén ás casas do noso alumnado para que un familiar de máis de 60 anos opine sobre as mesmas preguntas pero aquí poderás facelo sexa cal for a túa idade.

OS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS

Hoxe, Día Internacional dos Dereitos dos nenos e das nenas, nos está de máis lembrar que todas as nenas e todos os nenos do mundo teñen os mesmo dereitos.


sábado, 19 de noviembre de 2011

BERRA DE DOR ALLEO

Médicos sen fronteiras continúa a súa loita contra as enfermidades esquecidas. Desta volta conta co apoio de Luis Tosar e de Javier Bardem, que berran contra a dor allea.


E non esquezas que ti tamén podes berrar coma eles.... cada día... sempre...

Por suposto, aquí podes ver o berro de Bardem.

viernes, 18 de noviembre de 2011

DE MAGOSTO... POR FIN!

Hoxe por fin a chuvia deunos unha tregua e puidemos celebrar o noso magosto. Un ano mais asamos as castañas e fixemos un circuito de xogo tradicionais. Un día estupendo!!

jueves, 17 de noviembre de 2011

RECURSOS PARA O DÍA DA INFANCIA

Para ir traballando os dereitos dos nenos e das nenas podes atopar unha chea de recursos na imaxe da barra lateral.

miércoles, 16 de noviembre de 2011

O XOGO DO PAPAPÍO

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística troúxonos a Carlos Casares ao centro... bueno..., achegounos á súa figura.

O Papapío é unha linguaxe imaxinaria para poder falar cos animais que Carlos Casares inventou no seu conto infantil A galiña azul. Dende a Fundación Carlos Casares envíáronnos un estrafalario e simpático personaxe que, de xeito ameno, achegou ao noso alumnado ás diferentes facetas destes escritor.

 Ao remate deste xogo, cada neno e cada nena realiza un cubo / crebracabezas de cartón, onde cada cara do mesmo recrea un aspecto da vida e da obra do escritor. En cada un dos lados empregaron unha técnica distinta pero sempre prestando unha gran atención ás indicacións e comentarios do Papapío:

Primeira cara: O álbum de Carlos Casares.
Segunda cara: Afeccións de Carlos Casares.
Terceira cara: As palabras de Carlos Casares seguen vivas.
Cuarta cara: Érase unha vez os contos de Carlos Casares.
Quinta cara: O seu froito, a súa obra.
Sexta cara: Carlos Casares. O concurso.


martes, 15 de noviembre de 2011

lunes, 14 de noviembre de 2011

MANEXO DA ENCICLOPEDIA

Con este xogo aprenderás a usar as enciclopedias dun xeito moi divertido.
Preme na imaxe e xoga....e aprende.

sábado, 12 de noviembre de 2011

DITOS E REFRANS DE OUTONO

Dende o ENDL pedíuselle ás familias que nos enviaran ditos, refrans, adiviñas e cantigas relacionados co outono e o magosto. Con todo ese material, o noso alumnado encheu unha follas e colocounas polos corredores do cole. Estas son algunhas das creación, en imaxes e palabras.
Para ver a montaxe só tes que premer no "play" e agardar a que cargue o programa. Despois, deixa pasar as páxinas dunha en unha ou vaille dando ti ao teu ritmo. 

Click to play this Smilebox newsletter

viernes, 11 de noviembre de 2011

DE ESTRENO

Matilda estrea roupa. E está realmente guapa grazas ó traballo dunha nais moi colaboradoras.
Moitisimas grazas a todas pola vosa axuda.

jueves, 10 de noviembre de 2011

A LINGUA SABE A PAN

Estupendo Lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega
Contannos que sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan e que contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.
Se queres cantalo, tamén teñen unha versión en Karaoke aquí
Parabéns a todos e a todas polo traballo!!!

MAIS LIM DE FORMACIONS DE USUARIOS E USUARIAS

Desta volta é o CEIP Pedrouzos o que nos achega este LIM sobre o uso da biblioteca.

martes, 8 de noviembre de 2011

AS PARTES DUN LIBRO

Un novo LIM do CEP Dr. Fleming para traballar as partes dun libro. Preme na imaxe e atoparás as actividades.


lunes, 7 de noviembre de 2011

TRABALLAMOS O MAGOSTO

Lembra que tes toda unha seleción de recursos e actividades para este tempo de magosto premendo na na imaxe de Matilda. Quedará de forma permanete na barra lateral para que podas atopala sempre que a precises.



E para ir facendo boca, velaí vai o conto da Castañeira, elaborado por Ana Martínez Rey con moitas actividades sobre o conto. Só tes que premer na imaxe e listo.


sábado, 5 de noviembre de 2011

LECTURAS DE MAGOSTO

Esta é a nosa seleción de libros para o magosto. Lembra que podes atopalos na nosa biblioteca.

jueves, 3 de noviembre de 2011

CARRIÑO NOVIDADES

Hoxe quero amosarvos outra das novidades deste curso: o carriño de novidades. Con esta idea pretendemos achegar ás novidades a tanto ao alumnado como ao profesorado.

Este carriño contén os novos fondos das biblioteca e algún exemplar menos novedoso pero interesante que queremos difundir. Vai circulando polas aulas e renovando o seu contido despois de pasar por todas.
Como a idea é que este achegamento dea a coñecer o que hai de novo na biblioteca, o carriño estará un ou dous días na aula para que titores, especialistas e alumnado vexa os novos fondos.

miércoles, 2 de noviembre de 2011

LIM FORMACIÓN USUARIOS E USUARIAS

Continuando coa formación de usuarios e usuarias na que estamos traballando todo este trimestre, elaboramos un LIM para que demostredes todo o aprendido. Xa sabes que podes facer a pantalla aínda máis grande premendo no cadrado que tes na parte superior dereita.