lunes, 30 de enero de 2012

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Despois de traballar nas aula durante toda esta semana, hoxe celebramos o día da paz todos e todas xuntas. Baixamos das aulas coas nosas flores da paz para ver as curtas da paz que xa fumos publicando neste outeiro como por exemplo "a forza dun abrazo" e limos conxuntamente o conto "O castelo de area". Para rematar bailamos a canción de Macaco "Moving" e colocamos as nosas flores debaixo do mural da pomba que pintamos estes días. 
Un fantástico día no que celebramos a paz... aínda que temos que celebrala todos os días.

viernes, 27 de enero de 2012

WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ

Lembrades o conto de "Wangari e as árbores da paz"? Xa vos teño falado del noutras entradas. Pois agora, grazas a toliña, temos a posibilidade de facer actividades LIM sobre esta estupenda historia.
Espero que vos gusten.


jueves, 26 de enero de 2012

A CANCIÓN DA PAZ

Este ano, para o Día da Paz, estamos a preparar a canción de Macaco, Moving. Este é o seu video, por se queredes ir practicando.

miércoles, 25 de enero de 2012

A FORZA DUN ABRAZO

A paz e a non violencia: a forza dun abrazo. Sen dúbida todas e todos temos que aprender esta lección no noso día a día.

martes, 24 de enero de 2012

A PAZ É UN DEREITO HUMANO

Vídeo promocional a favor da codificación internacional do dereito humano á. Interveñen Juanes, Miguel Bosé, Alejandro Sanz, Eva Longoria, Paulina Rubio, Juan Luis Guerra, Amaia Montero, Daniel Martin, Pau Gasol y Rafa Nadal. 
Está dirixido por Miguel Alcantud.

lunes, 23 de enero de 2012

LECTURAS PARA A PAZ

Este é o conto que estamos a traballar para o día da Paz: O castelo de area.


Podes aceder directamente ao noso LIM premendo aquí.

viernes, 20 de enero de 2012

2012: ANO CELSO EMILIO FERREIRO


Hai cen anos nacía en Celanova o gran poeta galego Celso Emilio Ferreiro. Este ano con motivo do seu centenario o Parlamento galego declarou o 2012 como ANO CELSO EMILIO FERREIRO con actividades e celebracións especiais dedicadas a conmemorar a figura do escritor. Podes atopar máis información na páxina da Fundación

CREDO
Eu creo que iste mundo é moi fecundo
e que hai algunhos ríos hidroeléctricos,
pero que os ventres das doridas nais
sexan montós de trigo,
nunca podrei creelo.

Creo que a lúa é aquela cousa
que está no teito da noite,
pero que o avión que pasa rum, rum,
fungando por enriba, sexa insecto,
nunca podrei creelo.

Creo que os homes pecan sete veces
por sete veces sete cada día,
creo na xeometría,
creo no átomo tan pequeniño,
pero que haxa unhos seres
capaces de leer tranquilamente os xornales
sin sentir tremer de noxo as vísceras,
nunca podrei creelo.
 
Cambio de tema e por exempro digo:
Elisabeth un ciclón made in U.S.A.
sementou o Caribe de cadavres
Bombas en seta, pun e tiranías,
negro linchado en Little Rock, Arkansas,
os dereitos do home en guerra fría.
 
Cambio de tema e verbigratia digo:
qué desgracia tan grande ser poeta,
oficio de chorar sin cobrar nada,
oficio de cuspir na mar inmensa
e de chantar pancartas no deserto.

(Poetas conformistas desta terra
­testicular emporio de esqueletes­
mentras o home loita, chora e sofre,
cantade a violeta, a margarida,
e desfollade a rosa reticente
dos vosos mínimos problemas...
decide si a todo e medraredes).
 
Cambio de tema pra decir etcétera,
etcétera, xa sabes, en voz baixa,
con puntos suspensivos
que ocultan as palabras prohibidas
que loitan por saírme,
que xa me están saíndo
con fórceps de xenreira e de cabreo:
hai algo que está podre en Dinamarca
e fede que alcatrea dende sempre.

Dempois entonarei un gran Tedeum
laudamus optimista pra dar gracias
ao ceo poderoso
que me labrou esí como me vedes,
pedra deixada, cousa estremecida,
canle de tempo e soño. Digo, un home.

miércoles, 18 de enero de 2012

VAMPIRE BASH

Encántame o cine... encántanme as curtametraxes... e encantoume esta curta: unha historia de vampiros de 5 segundos. Sorprendente! Boísima!

ENTREGA DE DIPLOMAS E CHAPAS

Durante esta semana puxemos o punto e seguido á formación de usuarios e usuarias na que estivemos traballando durante o 1º trimestre. Punto e e seguido porque temos que seguir aprendendo a usar máis e millor os recunchos da nosa biblioteca. 
Pero estes días demostramos que sabemos as normas da biblioteca, cales son diferentes recunchos, como buscar e colocar os libros, etc. Por iso recibimos un diploma de Formación de usuarios e usuarias ademais da chapa da nosa biblitoeca. Agora só nos queda seguir lendo e gozando das aventuras que a biblitoeca nos ofrece.

Click to play this Smilebox slideshow

martes, 17 de enero de 2012

THE JOY OF BOOKS

Algunha vez pensaches no que fan os libros cando pecha a librería?


Visto en casa de tol@s

lunes, 16 de enero de 2012

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

Achégase o día da Paz e xa estamos preparando cancións e contos para traballar nas aulas. No enlace permanete da esquerda poderás atopar unha seleción de recursos para facer actividades moi variadas.

domingo, 15 de enero de 2012

ÁBRETE DE ORELLAS

Hoxe quero presentarvos Ábrete de orellas, o portal galego de lecer no que poderás atopar as novidades sobre a nosa música... sobre os nosos músicos... organizar a túa fin de semana... Espero que vos guste e vos sexa útil.

ISAAC DÍAZ PARDO

Comezamos o ano coa mala nova do pasamento de Isaac Díaz Pardo. Por esas cousas da vida, non puidemos sumarnos ás moitas voces que choraron esta grande pérdida para a nosa cultura. Pero non queremos deixar de facelo, así que facémolo agora.

Porque Isaac Díaz Pardo foi un home do renacemento:  pintor, ilustrador, ceramista, industrial, editor, escritor… pero ante todo un defensor da terra e da lingua, un entusiasta animador da cultura do país, un verdadeiro referente para as galegas e os galegos.

viernes, 13 de enero de 2012

RESULTADOS DAS ENQUISAS

Xa temos os resultados das enquisas que vos achegamos no pasado mes de decembro e que serán o punto de partida do noso proxecto do 2º e 3º trimestre: inventos e descubrimentos.

Achegámoste os resultados xerais:



Os resultados dos avances Científicos e Médicos por grupos:


E os resultados dos avances Tecnolóxicos tamén por grupos:

lunes, 9 de enero de 2012

PARA COMEZAR O ANO CON MOITAS GANAS

Leer.es amósanos esta bonita historia para comezar este ano dunha forma especial, que mellor que unha velliña e unha nena que falan da importancia da lectura.

domingo, 8 de enero de 2012

CANTAMOS OS REIS E AGUINALDOS

Por segundo ano consecutivo, o alumnado do centro interpretou un canto de reis para celebrar a vella tradición dos aguinaldos. Así, todo o alumando do centro interpretou conxuntamente o derradeiro día de cole estes cantos aprendidos os días anteriores cando foron de clase en clase cantando e pedindo o aguinaldo. Este foi o resultado final. Se queredes ver o resto dos vídeos facede clic aquí.

O alumnado de Infantil interpreta "alerta pastores" do grupo galego Malvela.


O alumando de 1ºA e 1ºB interpreta o canto de reis "o kikirikí" do grupo galego Malvela.


O alumnado de 2ºA e 2ºB interpreta "as xaneiras" do grupo de Mos Malvela.


O alumando de 3ºA e 3ºB interpreta "Muxicas no ceo de Belén" do grupo galego Muxicas.


O alumando de 4º interpreta "o cometido" do grupo galego Chouteira.


O alumando de 5ºA e 5ºB interpreta "canto de reis de Neda" de tradición popular.


O alumando de 6ºA e 6ºB interpreta "día de reis" de tradición popular con adaptacións na letra.