sábado, 31 de marzo de 2012

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2012

O vindeiro día 2 de abril celebrarase o Día Internacional do Libro Infantil.

 Cada ano, a International Board on Books for Young People, IBBY,  encarga a unha das súas seccións a edicíón do cartel conmemorativo deste día no que se lembra o nacemento de Hans Christian Andersen. Nesta ocasión foi a sección Mexicana quen acolleu esta iniciativa, e velaquí  tamén o cartel que elaborou para a ocasión o ilustrador deste país, Juan Gedovius.
O texto escollido é Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro de Francisco Hinojosa, poeta, dramaturgo, narrador, editor e ensaísta mexicano. 
  
Podes acceder á mensaxe deste ano en galego, eukera, catalán e castelá, así como ao cartel

"Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as culturas, as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns e os mexicanos; aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos énchenos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no fondo, os seus protagonistas".

viernes, 30 de marzo de 2012

DIA DA ÁRBORE

Durante esta semana celebramos o día da árbore. Comezamos cunha charla moi interesante a cargo de Norberto, Capataz Forestal que nos explicou como debemos coidar e respectar o monte. 
Ao día seguinte todo o alumnado de primaria saíu de excursión para plantar unhas árbores coa colaboración da Comunidade de Montes de O Viso.




O alumnado de infantil quedou no colexio e plantou unha pereira.

 

miércoles, 28 de marzo de 2012

POEMAS-ROSAS

A pasada semana estivemos traballando moito as poesías, como xa viches en entradas anteriores. Agora quero amosarvos o resultado final deste fantástico traballo. Unha rosas poéticas que conteñen o arrecendo dos poemas traballado nas aulas. Espero que vos gusten tanto como a nós.

Click to play this Smilebox collage

Por certo, esta idea atopámola nun blog estupendo e cheo de fantásticas suxestións: innovarte.

lunes, 26 de marzo de 2012

INTERCAMBIO DE INFORMACIÓN

Hoxe tivemos unha xornada moi especial: os nenos e nenas de EI 4 anos B contáronlles aos seus compañeiros e compañeiras de EI 5 anos A todo o que aprenderon sobre os barcos. A cambio, recibiron toda a información traballada en 5 anos sobre os avións. Agora xa saben moitas cosas sobre os barcos e sobre os avións. Interesantísimo intercambio de experiencias.

ADIVIÑAS 7 E 8

Rematamos coas adiviñas deste mes:

Adiviña 7

Adiviña 8


Se xa tes todas adiviñas resoltas, pasa pola biblioteca durante o recreo co túa plantilla totalmente cuberta.

sábado, 24 de marzo de 2012

POESÍA DO ALUMNADO DE INFANTIL

As nenas e nenos do último curso de Educación Infantil traballaron moitísimo coas poesías durante toda esta semana.

O primeiro que vos podo amosar do seu traballo é esta estupenda poesía de creación propia. Parabéns!!

viernes, 23 de marzo de 2012

TABOLEIROS DE NOVAS

Xa poidéchedes ver as novas no telexornal de Matilda. Agora amósovos como quedaron nos taboleiros de novas colocados polos corredores do cole. Aquí participaron ata as máis cativas e cativos do cole.

miércoles, 21 de marzo de 2012

TELEXORNAL DE MATILDA

Xa está preparado o telexornal de Matilda, onde voluntarios e voluntarias lennos as novas recollidas sobre inventos e descubrimentos.
O vídeo é un pouco longo, pero non quería deixar fora a ninguén. Moitas grazas a todas e a todos por participar.

DÍA DA POESÍA

Non esquezas pasar pola nosa biblioteca; hai unha chea de poemas agardando por ti.

martes, 20 de marzo de 2012

lunes, 19 de marzo de 2012

TRABALLAMOS COA PRENSA

Durante toda a semana pasada estivemos traballando coa prensa, buscando novas relacionadas co noso proxecto: Inventos e descubrimentos. Puidemos consultar a prensa escrita e a prensa dixital e traballamos unhas veces na biblioteca e outras nas aulas, pero fixemos todo un labor de reporteiras e reporterias que pronto poderedes ver no "telexornal do noso outeiro".
Se lle das a play poderás aumentar un chisco cada unha das fotos.
 
Click to play this Smilebox collage

ADIVIÑAS 5 E 6

Estas son as adiviñas que debes investigar esta semana:

Adiviña 5



Adiviña 6

sábado, 17 de marzo de 2012

RECURSOS PARA O DÍA DA POESÍA

O vindeiro mércores día 21 de marzo celébrase o día da poesía. Podes atopar recursos e actividades no noso enlace permanente da columna da esquerda.


jueves, 15 de marzo de 2012

PARABENS

Mafalda cumpre hoxe 50 anos... e dende aquí desexámoslle moitos anos máis igual de intelixente, reflexiva e contestataria moitos anos máis.

lunes, 12 de marzo de 2012

domingo, 11 de marzo de 2012

SEMANA DA PRENSA

Durante toda a semana traballaremos polo miuido as novas e a prensa. Teremos exemplares de prensa escrita todos os días na biblioteca e podemos consultar as edicións dixitais. Buscaremos novas relacionadas con inventos e experimentos e, despois de redatalas, expoñerémolas polos corredores no "Semanario de Matilda".

Lembrade que podedes atopar unha chea de recursos e actividades apra traballar cos xornais no enlace permanente da esqueda igualiño a este.

jueves, 8 de marzo de 2012

MULLER E CIENCIA

Un novo LIM para o día da muller traballadora, moi axeitado para o noso proxecto de Inventos e descubrimentos.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA



Lembra que tes unha chea de recursos e actividades para traballar premendo na imaxe da barra lateral igual a esta.

miércoles, 7 de marzo de 2012

COEDUCACIÓN

Mais LIMs para traballar a coeducación e a igualdade. Desta volta achegámonos ós Poemitas divertidos de Carmen Gil. Só tes que premer na imaxe e accederás ao traballo elaborado por Ana Martínez Rey.

EXHIBICIÓN DE AEROMODELISMO

Continuando co noso proxecto de Inventos e descubrimentos, o alumnado de infantil participou onte nunha exhibición de aeromodelismo. Visitáronnos dúas personas do Club de Aeromodelismo ALAS DEL SALNÉS, que nos explicaron como voan os avións e fiséronnos unha demostración en directo. Encantoulles!! Non hai máis que ver as súas cariñas.

martes, 6 de marzo de 2012

COÑECENDO A CLARA CAMPOAMOR

Para achegármonos á figura de Claro Campoamor, quen loitou por acadar o dereito ó voto das mulleres.

Preme na imaxe e poderás empezar.

lunes, 5 de marzo de 2012

ADIVIÑAS 1 E 2

Durante esta semana imos investigar as primeiras adiviñas da nosa ventá:

Adiviña nº 1 (preme na imaxe para ampliar o texto):


Adiviña nº 2:


Cando saibas a respostas podes aportar a túa resposta nos comentarios do blog, ademais de cubrir a plantilla da túa clase.
Moita sorte.