jueves, 31 de mayo de 2012

PEQUENAS CIENTÍFICAS E CIENTÍFICOS

Velaí vas as fotos dos experimentos realizados en cada ciclo. Espero que gostedes deles.

Educación Infantil
 


1º ciclo



2º ciclo
 


3º ciclo 

miércoles, 30 de mayo de 2012

ONOMATOPEIA

Encántanme os xogos de palabras e este video de Gregory Stewart está composta unicamente por onomatopeias: un tipo de palabra que imita sen máis os sons da vida real: o ronquido dun home, o choro dun bebé, o miañar dun gato, o traqueteo dun tren, a freada dun coche... O anterior relato animado faise así comprensible en calquera parte do mundo. 


PEQUENAS CIENTÍFICAS... PEQUENOS CIENTÍFICOS

Chegamos ao final do noso proxecto sobre inventos e descubrimentos cunha demostración ao vivo do aprendido durante todo este tempo. 
Cada clase preparou unha sesión de experimentos divertidos para amosárllelos ás súas compañeiras e compañeiros. 
Aínda estamos a cociñas a reportaxe, así que teredes que agardar un chisco polas fotas.


martes, 29 de mayo de 2012

LA OLA

Esta ano enganchámonos a un estupendo conto de Suzy Lee. Gustounos tanto que o alumnado de educación infantil fixo o seu propio relato. Espero que vos guste tanto como a min. 
Preme na imaxe... dalle ao play... e goza coa historia.

sábado, 26 de mayo de 2012

A VELLA LULULA

Curta de animación realizada no CEIP A Lama para o concurso "Nós tamén creamos". Unha maravilla. Parabéns a todas e a todos por tan fantástico traballo.

EU ESTUDIEI NA PÚBLICA

Porque cremos firmemente no ensino público.

viernes, 25 de mayo de 2012

PUPI NO OUTEIRO DE MATILDA

A semana pasada pasou polo noso outeiro un personaxe moi especial: Pupi. Chegou na súa nave espacial e pasou un rato moi agradable coas nenas e os nenos de 1º ciclo, que xa leron moitas das súas aventuras.
Velaí van as fotos de tan fantástico encontro e para vela todas, so tes que achegarte ao noso album.
Dalle ao "play" e agarda a que abra o programa

Click to play this Smilebox slideshow


miércoles, 23 de mayo de 2012

BIODIVERSIDADE NO RÍO PEXEGUEIRO

Por fin!!! Tiñamos esta excursión pendente dende o mes de Outubro pero por mór da chuvia non poidemos facela ata agora. David, educador medioambiental amosounos a flora e a fauna do entorno nunha excursión polo río Pexegueiro, un río que pasa por diante mesmo da casa dalgúns dos nosos alumnos.
Unha estupenda excursión na que o alumnado do 6º curso aprendeu motísimas cousas dun xeito moi divertido.


FINA CASALDERREY NO OUTEIRO

Hoxe recibimos unha visita moi especial e esperada: Fina Casalderrey, a autora do libro de lectura do 1º ciclo "Quen me quere adoptar".
Fina veu cargada de amor polo ensino, pola lectura, polas historias... e demostrounos que as palabras teñen máis forza do que pensamos.
Escoitala foi unha verdadeira delicia. Moitísimas grazas.

Para ver as imaxes da visita só tes que darlle ao "play"... e se queres ver todas as fotos, visita o noso album.

Click to play this Smilebox slideshow

lunes, 21 de mayo de 2012

VISITA DE FINA CASALDERREY


 O vindeiro mércores día 22 recibiremos unha visita moi especial: Fina Casalderrey, autora do libro de lectura do alumnado do 1º ciclo. Podedes facer unha achega a súa vida e a súa obra e logo tentar solucionar as actividades plantexadas no xogo LIM que te presentamos aquí abaixo. Só tes que premer na imaxe e xogar. Espero que vos guste.


viernes, 18 de mayo de 2012

O TRIVIAL DE MATILDA

Hoxe tivemos a última das actividades programadas co gallo da Semana das Letras Galegas: o Trivial de Matilda. Un estupendo xogo con preguntas sobre as Letras Galegas, Valentín Paz Andrade e tamén sobre o noso entorno.
Un xogo no que participaron todas as alumnas e todos os alumnos do cole, dende os máis pequenos ata os mais maiores. E o mellor é que podemos voltar a xogar moitas máis veces.

Velaí van as fotos desta xornada tan divertida.

OS MONICREQUES DA ESCOLA

Acertades a ver os nosos monicreques na exposición do Multiusos da Xunqueira de Redondela? Unha pista: non están no primeiro plano.


Pois podedes pasar por alí durante estes días e miralos ao vivo.

miércoles, 16 de mayo de 2012

CONTACONTOS EN FAMILIA

O mércores foi o día no que as familias cobraron protagonismo nas actividades da Semana das Letras Galegas. En cada ciclo preparon e escenificaron un conto para as alumnas e os alumnos. Un fantástico traballo que nunca seremos quen de agradecer de abondo. Moitísimas grazas a todas e a todos pola vosa entrega.

E se queredes ver todas as fotos ou descargalas, so tedes que entrar no noso album de fotos premendo nas imaxes.
contacontos letras galegas 2012
 
de oficio mariñeiro


RECITAL DE POESÍAS

Continuando co programa de actividades da Semana das Letras Galegas, o martes tivemos un recital de poesías no que cada curso preparou unha poesías para recitárllelas ás súas compañeiras e compañeiros de ciclo. Un fantástico recital non que houbo dende creacións propias ata poemas musicados. O certo é que gostamos moito da creacións. Parabéns a todas e a todos.

lunes, 14 de mayo de 2012

EXPOSICIÓN SOBRE VALENTÍN PAZ ANDRADE

Comezamos a Semana das Letras Galegas e, como xa anunciamos no noso programa de actividades, o luns é o día da Exposición para coñecer a vida e obra da persoa homenaxeada este ano: Valentín Paz Andrade. 
Ademais dos cartaces do CEIP ADR Castelao de Rianxo, cada ciclo preparou un recuncho con algún dos aspectos máis salientables de Paz Andrade.

sábado, 12 de mayo de 2012

BIODIVERSIDADE AOS TEUS PÉS

 
Temos no noso cole unha exposición moi especial porque recolle a flora e a fauna do noso entorno. Unhas fantásticas fotos e unha explicacións moi interesantes coas que estamos a aprender moitas cousas. E dentro duns días poderemos contemplar algunhas destas maravillas nunha excursión polo río Pexegueiro.


OS NOSOS TÍTERES

Estes son os monicreques que as alumnas e alumnos de Educación infantil enviaron á exposición escolar do Festival de títeres de Redondela. Encántanme! Parabéns polo traballo.






jueves, 10 de mayo de 2012

TRIVIAL DAS LETRAS GALEGAS

Preséntovos o Trivial das Letras Galegas do Outeiro de Matilda.

 

O noso taboleiro recolle preguntas sobre Arte, Lingua e literatura, Xeografía e Historia, Ocio e deportes, Ciencias naturais e Matemáticas.  En todas estas áreas centrámonos en cuestións sobre o noso entorno e tamén, como non, nas Letras Galegas. 
Velaí vos deixo as preguntas relativas ás Letras Galegas 2012; só tedes que premer na imaxe e irédelas vendo unha a unha.
 

As respostas terédelas que investigar entre os moitos enlaces que te achegamos na seleción de recursos para traballar ao homenaxeado deste ano, Valentín Paz Andrade.


martes, 8 de mayo de 2012

MERGÚLLATE NO FESTIVAL DE TÍTERES DE REDONDELA

Xa chegan... non queda nada para unha das citas máis importantes en Redondela: o Festival de títeres.
E presentovos ao novo personaxe deste ano. Todo un mergullador con escafandra e todo.


As nenas e os nenos de infantil asistirán a unha das funcións para escolares o vindeiro mércores, e ademais contribuirán á exposición cuns estupendos titeres feitos por todos eles. Xa os veredes cando estean ben preparados.

E se queres consultar a programación só tes que consultar na súa páxina. Espérovos alí a todas e a todos.

domingo, 6 de mayo de 2012

PREMIO ENTRE BLOGS

Hoxe recibimos un premio moi especial: Geni e as amigas e amigos do 4º curso do CEIP Castrillón - Coiro, dende o seu blog As cousas da clase, escolléronnos como un dos seus blogs favoritos. Non sabedes a ilusión con que recibimos este agasallo. Motísimas grazas por lembrarvos de nos.
Agora tócanos a nos seguir as instrucción e continuar a cadea; debemos escoller os nosos 5 blogs favoritos e mandarlles un premio, porque se alguén te quere ben e te valora tes que seguir a cadea. As intruccións son as seguintes:
  • Copiar e pegar o premio no blog enlazándoo co blogger que cho otorgou.
  •  Premiar os teus cinco blogs favoritos coa condición de que teñan menos de douscentos seguidores e deixarlles un comentario nas súas entradas para notificarlles que gañaron o premio.
  • Confiar en que continúen a cadea premiando a sua vez os seus cinco blogs preferidos.
E estes son os nosos blogs favoritos:
Trafegando ronseis, porque as súas pingas son un orballo diario. Grazas polo voso esforzo e por compartir con nós todo ese traballo.
O recanto de Leo, porque a súa biblioteca inspira o noso labor.
Bibliopoemes,  por compartir con nós ese amor pola poesía.
InnovArte, tanto pola arte como pola innovación.
Raioteca, porque tamén seguimos o seu traballo.

E xa non podemos mencionar máis... unha mágoa, porque hai moitos máis.

jueves, 3 de mayo de 2012

DOODLE PARA AS LETRAS GALEGAS 2012

Preséntovos unha iniciativa que pretende recadar apoio popular para conseguir que Google adique o seu logo do 17 de maio de 2012 a esta festividade e o seu homenaxeado, Valentín Paz Andrade.

Se queres apoiar a iniciativa preme na imaxe.


miércoles, 2 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS 2012

Xa estamos en Maio, o mes das Letras Galegas. Este ano adiamos o noso Festival das Letras galegas para o mes de Xuño, polo que a Semana das Letras Galegas vai ter diferentes actividades cada día. Entre elas hai un ha que nos fai especial ilusión presentarvos: o trivial de Matilda. Pero xa vos daremos máis detalles sobre el.
Este é o noso programa de actividades: