jueves, 28 de junio de 2012

LETRAS GALEGAS 2013

A Real Academia Galega decidiu dedicarlle as Letras Galegas no ano 2013 ao autor, director e actor teatral Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002)

O dramaturgo compostelán foi un dos artífices da profesionalización do teatro galego, coa creación da primeira compañía, o Grupo Antroido. Traballou tamén co Centro Dramático Galego (CDG) e coa súa propia compañía, Teatro do aquí.

Podedes ir achegándovos á figura deste axitador cultural visitando a Galipedia e a páxina da Real academia Galega.

viernes, 22 de junio de 2012

EXCURSIÓN A O GROVE

Agora que chega o final vemos que quedan algunhas cousas pendentes de publicar. Unha dela é a excursión que as nenas e oe nenos do 1º ciclo fixeron ao acuario de O Grove para finalizar o curso. Velaí van as fotos dese día tan estupendo.

CHEGOU A DESPEDIDA

Pois si, chegou a despedida. Xa só queda desexarvos a todas e a todos unhas moi felices vacacións, que descansedes ben porque o merecedes e que gocedes con mil e unha lecturas marabillosas. Vémonos nun suspiro.


jueves, 21 de junio de 2012

O FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS EN VÍDEO

Xa están listos os vídeos coas presentacións e as actuacións do Festival das Letras Galegas 2012.
Están organizados de xeito que podades ver directamente as actuación que máis vos interesen en cada momento e só tedes que acceder á páxina con todas as gravacións premendo na imaxe de abaixo. Agardamos que gostedes delas.


miércoles, 20 de junio de 2012

O RONSEL 2011-12

Xa temos lista a nosa revista escolar do curso 2011-12. Este ano tan só podemos editala en formato dixital pois os recortes da Consellería nos orzamentos dos Equipos de Normalización imposibilita a súa publicación en papel.
Unha vez máis, non deixamos que os recortes nos orzamentos recortasen tamén o noso entusiasmo e o noso traballo, así que velaí vai unha revista escolar que pretende achegarvos unha selección das actividades realizadas durante este ano.
Moitísimas grazas a Carolina, Miguel O. e Miguel H. porque sen a súa axuda e apoio esta revista non vería a luz. Grazas tamén a todo o profesorado que participou na elaboración de materiais e recollida de traballos para a súa publicación. Moitísimas grazas polo voso traballo.
Preme enriba da pantalla e poderás ampliar a imaxe



martes, 19 de junio de 2012

AS FOTOS DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Xa están listas as fotos e xa podedes gozar lembrando as fantásticas actuacións do festival das Letras Galegas 2011. Tamén temos vídeos... pero aínda teredes que agardar un pouco máis por eles.


E se queres ver todas as fotos so tes que entrar no noso album.

lunes, 18 de junio de 2012

LECTURAS PARA O VERÁN

Xa van chegando as vacacións e temos que planificar xa as nosas lecturas veraniegas. Velaí van as nosas recomendacións para que podas escoller un bo libro para levar contigo nas vacacións.


sábado, 16 de junio de 2012

VALENTÍN PAZ ANDRADE NO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O pasado venres día 15 celebramos o noso festival das Letras Galegas. As fotos e os videos destas actuacións están aínda no forno, pero para ir facendo boca podedes ver e escoitar o video de Valentín Paz Andrade que preparamos para homenaxear a este autor.

miércoles, 13 de junio de 2012

FACEMOS UNHA XOANIÑA

Quero amosarvos como foi o proceso de elaboración da xoaniña que as nenas e nenos de 3 anos enviaron á exposición do Festival Internacional de Títeres de Redondela. Xa veredes o ben que o pasaron.

martes, 12 de junio de 2012

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2012

Xa está todo preparado para o noso festival das Letras Galegas. Estades todas e todos convidados a acompañármonos o venres día 15 a partir das 17:00 horas. Pasaremos lista.

Se queres ler o programa cunha letra de maior tamaño, preme aquí e accederás ao documento.

domingo, 3 de junio de 2012

SOMOS

SOMOS moitas e moitos as que queremos cambiar o mundo e respaldamos esta iniciativa que agrupa a moitas ONG coa finalidade de fomentar a solidariedade na sociedade na que vivimos.