viernes, 26 de octubre de 2012

E TI... A QUE LLE TES MEDO?



O Samain e o halloween estan a piques de chegar e con eles todos os espiritos e espectros propios destas datas.

Dende a biblitoeca queremos celebralo cun concurso de relatos curtos tan curtos como  queirades, pero que deben responder a unha pregunta:


e ti a que lle tes medo?
 
Podedes facelo na clase coa vosa mestra ou o teu mestre ou pasar pola biblioteca durante o recreo. Cando estea listo entregadeo na bibliotecahabera un lugar preparado para recollelos.
E non esquezades que habera premios para os mellores relatos. Tedes de prazo ata o dia 5 de novembro.

jueves, 25 de octubre de 2012

CHEGA O SAMAÍN... CHEGAN OS ESPÍRITUS...

O Samaín xa está aquí. De vagar vai ocupando espazo polos corredores pero iso xa volo amosarei noutra entrada do blog. Polo de agora quero achegarvos a seleción de recursos e actividades que temos preparada para traballar o Samaín e o medo. Só tedes que premer na imaxe. Espero que vos guste. 

 

miércoles, 24 de octubre de 2012

A BIBLIOTECA ABRE AS SÚAS PORTAS

Por fin chegou o día das Bibliotecas Escolares e inauguramos a nosa biblioteca. Todas as nenas e os nenos do noso cole foron visitando o meu outeiro para gozar coas fantásticas novidades, coñecer os novos recunchos e recoller un presente moi doce que lles tiña preparado. 
Agora xa poden escoller ás lecturas para levar ás súas casas, buscar información nos ordenadores e todas as fantásticas actividades que van xurdindo ao longo do curso.
Agardo que todas e todos pasedes pola miña casa a visitarme sempre que queirades.

domingo, 21 de octubre de 2012

O MERCADO

Hoxe quero presentarvos un libro moi especial; especial porque é un libro e un Cd e un DVD e un karaoke... todo xunto. Especial tamén porque este proxecto xira arredor da festa e da felicidade. E o centro de todo este é Rui, un neno que a pesar das súas dificultades pode gozar coa música, cantar e bailar.

Ducias de artistas cantando a alegría de vivir. Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina, Carlos Blanco, o noso Ruí, Familia Domínguez Senlle e moitas amigas e amigos... viaxan a través das ilustracións de O Pastor.

Como anticipo, valeí vai unha das cancións rodada na Tenda da Loura, en Redondela, con Carme e Irea como protagonistas. Seguro que vos encanta.

viernes, 19 de octubre de 2012

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA

O vindeiro mércores día 24, día das Bibliotecas Escolares, será un día moi especial para nos porque inauguraremos a nosa biblioteca
Temos preparadas unha actividades das que seguro gozarás moitísimo. Podes ver o programa premendo na imaxe de abaixo.


jueves, 18 de octubre de 2012

OS ÚLTIMOS CARTACES

Con estas dúas novas entregas rematamos a exposición de cartaces co lema do proxecto documental deste curso, Lendo entre viñetas e bocadillos.
Moitísimas grazas a todas as familias pola súa participación e entusiasmo.
Lembrade que no noso album de fotos están todos estes cartaces para miralos con calma. Só tes que premer AQUÍ.


miércoles, 17 de octubre de 2012

MÁIS CARTACES

Velaí van máis cartaces realizados nas casas. Lembrade que os tedes todos no noso album de fotografías premendo AQ.