miércoles, 24 de octubre de 2012

A BIBLIOTECA ABRE AS SÚAS PORTAS

Por fin chegou o día das Bibliotecas Escolares e inauguramos a nosa biblioteca. Todas as nenas e os nenos do noso cole foron visitando o meu outeiro para gozar coas fantásticas novidades, coñecer os novos recunchos e recoller un presente moi doce que lles tiña preparado. 
Agora xa poden escoller ás lecturas para levar ás súas casas, buscar información nos ordenadores e todas as fantásticas actividades que van xurdindo ao longo do curso.
Agardo que todas e todos pasedes pola miña casa a visitarme sempre que queirades.

3 comentarios:

  1. peazo biblio chaval!!!!!, está moi chula!!! noraboa!!!!

    ResponderEliminar
  2. Agora si temos un lugar agradable no que engancharnos aos libros.
    Xa sabedes que podedes visitarme neste outeriño cando queirades.
    Bicos e achuchóns.

    ResponderEliminar
  3. ¡Quen me dera ter unha igual na miña casa!,parabens polo traballo... que guapos todos!.Biquiños lectores!!

    ResponderEliminar