miércoles, 29 de diciembre de 2010

MÉTODOS EDUCATIVOS

Dende BIBLIOTICS achégannos este video que é toda unha reflexión sobre a educación.
Se o teu inglés non é tan bo como apra entendelo, preme no botón "View subtitles" e escolle "Spanish", así poderás ler os subtítulos en castelán.

martes, 21 de diciembre de 2010

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Este martes tivemos unha visita moi especial no cole: o Paxe Real. Veu recoller os nosos desexos deste ano para levarllos aos Reis Magos... pero se alguén preferiu escribiulle a Papá Noel ou ao Apalpador, tamén lles fará chegar as nosas peticións.
Agora só queda agardar que nos cheguen todos os nosos agasallos.

lunes, 20 de diciembre de 2010

LECTURAS DE NADAL




Un dos mellores agasallos para este nadal pode ser un libro... ou achegarse pola biblioteca e ler algo que nos guste.
Dende o equipo da biblioteca facemos unha seleción de lecturas para cada ciclo, así que xa o sabes... a gozar coa lectura!!




sábado, 18 de diciembre de 2010

CHEGOU O NADAL Á ILLA DE SAN SIMÓN

Xa levamos todo o trimestre traballando no proxecto da illa de San Simón. Como gostamos tanto da illa, trasladamos a nosa postal navideña precisamente ata a illa e alí foron todas as personaxes navideñas.... todas... mira con atención.

jueves, 16 de diciembre de 2010

CONSUME GALEGO

Nestas datas de compras e consumo xeneralizado queremos achegarte unha proposta: agasallos en galego.
Por se non sabes que agasallar...mira a recolleita elabora polo CPI Vicente Otero Valcárcel. Poderás atopar xoguetesmúsica, libros, cine, arte, roupa, tecnoloxía....de todo... en galego.

E se aínda non o tes claro, podes seguir buscando... 

E ademáis, a mesa en galego... novas tecnoloxías... receitas e comidas...cancións...

miércoles, 15 de diciembre de 2010

DALLE COR AO NADAL

Máis xogos para estes días de inverno e Nadal. Agora poderás colorear o boneco de neve premendo na imaxe.


Lembraque poderás atopar moitos máis xogo no noso enlace de Brinquedos.

lunes, 13 de diciembre de 2010

XOGAMOS EN NADAL

Premendo nesta imaxe poderás pasar un bo rato xogando cun LIM de nadal creado pola Tolinha Belén Junquera.


E para continuar xogando, neste enlace tes un sinfín de brinquedos. Lembra que esta imaxe quedará prendida da barra lateral esquerda para que podas acceder a eles cando gostes.

domingo, 12 de diciembre de 2010

RECURSOS NADAL

Neste tempo de Nadal acchegámoste unha serie de enlaces nos que podes atopar moitos e moi bos recursos para traballar e pasalo ben.








E non esquezas a nosa páxina de recursos sobre o Apalpador.

viernes, 10 de diciembre de 2010

LIM DO APALPADOR

Podes xogar e comprobar todo o que aprendeches sobre o Apalpador con este LIM feito neste outeiro. Sorte!

jueves, 9 de diciembre de 2010

O APALPADOR

Moito antes de que Papá Noel irrumpise no noso nadal, en Galiza tiñamos un personaxe moi especial: o Apalpador. Vello xigante, de oficio carboeiro, vive nas devesas do Courel.
Na noite de Nadal baixa ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmín. Caladiñamente, apálpalles as barrigas para ver se estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.


Toda esta información, e algunha máis, estará recollida premendo na imaxe. E non esquezas pasar pola biblioteca e ler os libros que temos sobre o Apalpador.

XANDRE, O ELEFANTE SEN SOMBRA

Dende TADEGA (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) achégannos o conto de Xandre, o elefante sen sombra. Un conto accesible e adaptado que reclama a visibilidade de todas as persoas, coas súas diferenzas.


No enlace de Tadega hai moitos máis recursos (audios, textos, videos, actividades, etc) para traballar o conto.

miércoles, 8 de diciembre de 2010

DEREITOS HUMANOS. RECURSOS

Para traballar os dereitos humanos nas aulas achégamoste unha serie de recursos para os diferentes niveis.
O primeiro deles vai para o 3º ciclo de primaria: unha WebQuest elaborada pola Biblioteca do CEIP Andrade.



Para acceder a máis recursos (libros, música, xogos, etc), preme no enlace.


martes, 7 de diciembre de 2010

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

O día 10 de decembro é o Día Internacional dos Dereitos Humanos, día de concienciación e reflexión sobre o longo camiño que aínda nos queda por percorrer neste eido.

Queres saber máis sobre os dereitos humanos? Pois mira con atención este video e analiza todos os dereitos dos que fala.



Realmente cres que todo o mundo goza deses dereitos? Déixovos as plabras de Eduardo Galeano, un experto en facernos reflexionar.

sábado, 4 de diciembre de 2010

VAI CHEGANDO O NADAL

O noso cole vaise enchendo de nadal... e todo grazas ás familias, que son unhas artistas. Como todos os anos  decoramos o cole de nadal con adornos navideños feitos con calquera tipo de materiais. Todos os traballos son moi orixinais e, unha vez máis, deixan clara a implicación das familias co noso cole. Moitas grazas a todas as familias!!!

jueves, 2 de diciembre de 2010

O CAZO DE LORENZO

O día 3 de decembro é o día no que o calendario fixa a súa atención nas persoas con discapacidade. Un día no que temos que reflexionar e moito sobre o alumnado que está nas nosas aulas e leva consigo algún "cazo".



E hai máis contos que defenden a importancia das diferencias, de saber adaptar o mundo ás diferencias....

miércoles, 1 de diciembre de 2010

INVERNO

Chegou o frío... chegou a chuvia... chegou o inverno!!!

Velaí van nunhas letras, unhas imaxes e unha música.

CAI a neve cai cai
falopiña a falopiña
nin o vento a arremuiña
nin a auga a desfai.

Cido Castro de Brío nevados!
Baixa a neve ate os prados...

NEVA venta e fai fume.
Vense a xente tralo lume
i axóugase toda encol
ó cariño do remol.

Fora riba do lousado
óllase por un furado
nevar a copo tendido
e logo a entretecido...
UXÍO NOVONEYRA

As catro estacións: o inverno. Vivaldi


E para xogar un pouco e quetar as cabezas, un xogo LIM feito por Paula Campos e que podemos atopar no seu blog.

martes, 30 de noviembre de 2010

UNHA CONTACONTOS MOI "SPECIAL"

Nestes meses temos unha compañeira moi especial no cole: Patsy. Chegou dende Colorado alá polo mes de de outubro e dende entonces apoia a nosa experiencia plurilingüe... co inglés, claro.
A Patsy encántanlle as historias e os contos... e gústalle contarlle aos nosos nenos e ás nosas nenas historias e contos...en inglés.

Hoxe contounos unha historia de Eric Carle , "The grounchy ladybug"....unha xoaniña que moitas e moitos xa coñecedes. 





lunes, 29 de noviembre de 2010

OS PICASOS DO COLE

O noso cole está cheo de artistas. Nas clases de plástica están a facer un achegamento á obra de Picasso e este é o resultado.



Se queres practicar podes facer máis creacións, preme na imaxe de abaixo.

sábado, 27 de noviembre de 2010

FALECE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Francisco Fernández del Riego finou este serán aos 97 anos de idade.
Nacido en Vilanova de Lourenzá no ano 1913, este intelectual galeguista, foi presidente da Real Academia Galega e fundador da Editorial Galaxia xunto a Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo e Xaime Isla no ano 1950.
Dirixiu tamén, man a man con Ramón Piñeiro, a revista Grial dende o instante da súa fundación no ano 1963.

viernes, 26 de noviembre de 2010

INAUGURAMOS A FONOTECA

Hoxe estamos de festa: inauguramos a nosa Fonoteca.
A partir de hoxe, todos os venres, podedes levar para casa un Cd. Cada semana  tocaralle a un ciclo escoller a música e terá 7 días para poder escoitala tranquilamente na casa.

Así que xa sabedes, dende agora podemos gozar coas lecturas e tamén coa música.
Quero dar as grazas a todas as familias que fixeron posible este proxecto aportando a súa música. Sen vos esta fonoteca non sería posible.
Moitas grazas. Espero que gocedes coa música.

E para celebrar este proxecto musical colaborativo, un video de música de rúa tamén colaborativa. Músicos de rúa tocan o "Stand by me" de Ben E. King en diferentes lugares do mundo.


miércoles, 24 de noviembre de 2010

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


 Hoxe, día 25 de novembro, conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Esta data lémbranos as irmás Mirabal (Patria, Minerva e Maria Teresa), tres activistas políticas asasinadas o 25 de noviembro de 1960 a mans da policía secreta do dictador Rafael Trujillo na República Dominicana.

Lamentablemente, a violencia contra as mulleres aínda está moi presente ao noso arredor de maneiras moi diferentes. Todas e todos debemos pararnos un momento e reflexionar sobre este tema.

Podes atopar recursos e materiais premendo no lazo que atoparás no inicio desta nova e na barra lateral da esquerda. Aquí vos deixo un conto que lle da a volta a moitos "tópicos".



Este video recolle a exposición "18 segundos" organizada polo Instituto de la Mujer de España no ano 2005.
O fotógrafo Iván Hidalgo, coa dirección artística de Alejandro Marcos, retrata a 18 actrices, comunicadoras, deportistas e personaxes de amplo recoñecemento público.


ANA MARIA MATUTE "PREMIO CERVANTES 2010"


 Ana María Matute, Premio Cervantes 2010. Convértese así, aos 85 anos de idade, na terceira muller que acada este premio tras María Zambrano e Dulce María Loynaz.

Nada en Barcelona no ano 1925  esta académica da lingua española está considerada como a mellor novelista de posguerra española e ten recibido, entre outros, o Premio Nadal,  o Premio Nacional de las Letras Españolas e o Premio Príncipe de Asturias.

A súa creación literaria é ampla e abrangue novelas, relatos curtos e contos para nenos e nenas:

Novelas

  • Los Abel (1948)
  • Fiesta al Noroeste (1952)
  • Pequeño teatro (1954)
  • Los hijos muertos (1958)
  • Primera memoria (1959)
  • Los soldados lloran de noche (1963)
  • El río (1973)
  • Luciérnagas (1993)
  • Olvidado rey Gudú (1996)
  • Aranmanoth (2000)
  • Paraíso inhabitado (2008)

Relatos curtos e contos para nenos e nenas

  • El país de la pizarra (1957)
  • Paulina, el mundo y las estrellas (1960)
  • Caballito loco y Carnavalito (1962)
  • El polizón del Ulises (1965)
  • Sólo un pie descalzo (1983)
  • El saltamontes verde (1986)
  • La Virgen de Antioquía y otros relatos (1990)
  • El verdadero final de la Bella Durmiente (1995)
  • La puerta de la luna. Cuentos completos (2010)
Parabéns a esta muller que, como ela mesma recoñece, adicou toda a súa vida a escribir.

A FLORA E A FAUNA DA ILLA DE SAN SIMÓN.

Continuando co noso proxecto sobre a illa de San Simón, o alumnado do 2º e 3º ciclo está traballando sobre a flora e fauna que podemos atopar na illa.

Se queredes saber máis sobre o tema, consultade o noso caderno de actividades.

domingo, 21 de noviembre de 2010

A CANCIÓN DE MATILDA

Esta semana estamos argallando algo novo cole... unha sorpresa musical. Polo de agora non podo dicirvos máis, pero si podo deixarvos algo de música.


Estades a escoitar Boa noite Matilda de Carlos Careqa, cantante brasileiro que fai unha homenaxe a Tom Waits, autor da versión orixinal, Tom Traubert´s Blues. Espero que vos guste tanto como a min.

sábado, 20 de noviembre de 2010

RECURSOS PARA O DÍA DA INFANCIA

Xa sabes que hoxe, 20 de novembro, conmemórase o Día dos Dereitos das Nenas e dos Nenos.

Podes xogar con Dina e aprender máis sobre os dereitos da infancia.


Dende este enlace poderás acceder a unha chea de recursos e actividades sobre este tema. Tamén poderás atopalo na barra da esquerda como enlace permanente.

viernes, 19 de noviembre de 2010

EXPER-I-CIENCIA CO ALUMNADO DE PRIMARIA.

Xa están preparadas as fotos do alumnado de Primaria mergullándose nos fondos mariños na procura de cabaliños de mar.


Lembrade que podedes ver todas as fotos picando no enlace do collage.

jueves, 18 de noviembre de 2010

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA


O día 20 de novembro é o Día Internacional dos Nenos e das Nenas.

Conmemórase así a data na que a Asamblea Xeral da ONU aprobou a Declaración sobre os Dereitos do neno en 1959.

 

Podes ver a ver versión que Quino dos Dereitos da infancia en boca de Mafalda e os seus amigos premendo na imaxe.


INVESTIGAMOS O MEDIO MARIÑO

 Hoxe visitáronnos Jose, Patricia Quintas, Sonia, Patricia Bernárdez e Sonia, unhas investigadoras e uns investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas para darnos unhas charlas sobre diferentes aspectos do medio mariño. Son expertos e expertas en cabaliños de mar porque traballan nun proxecto chamado Hyppocampus 

Polo de agora poderes ver as fotos dos nenos e das nenas de educación infantil. Estade atentas e atentos que moi pronto estarán tamén as fotos de primaria.



Neste enlace podes ver todas as fotos.

miércoles, 17 de noviembre de 2010

APRENDEMOS XEOGRAFÍA

Seguimos incorporando seccións no noso blog. A partires de agora tamén poderedes movervos e investigar polo mundo adiante.
Esta imaxe do planeta terra incorpórase á nosa barra esquerda para acceder a todos os recursos para investigar polo mundo adiante. Boa viaxe!!

martes, 16 de noviembre de 2010

LECTURAS

Levo un tempo preparando un lugar cheo de lecturas para todas e todos vos e... por fin podo presentárvolas.  Só tes que premer neste libro e accederás a un mundo cheo de maxia e fantasía. 
Ollo! Poderás atopar este enlace permanente na marxe esquerda do blog. Búscao!!


lunes, 15 de noviembre de 2010

LIBERAR LIBROS

O concello de Madrid acaba de por en marcha unha liberación de libros por toda a cidade. É o que se coñece con bookcrossing, práctica nacida en Estados Unidos e que consiste en deixar libros por calquera recuncho para que a xente poda atopalos. A cuestión é que cando atopemos un deste libros gocemos coa súa lectura e despois voltamos a liberalo para que outra persoa poda gozar con el.

domingo, 14 de noviembre de 2010

A DERRADEIRA PELÍCULA DE BERLANGA

Con todas estas actividades do magosto case esquezo unha nova moi importante que aconteceu esta fin de semana. Faleceu Luis García Berlanga, un dos grandes directores do cine español.

Nestas últimas semanas Berlanga voltou á vida pública participando nunha campaña de Médicos Sin Fronteras para loitar contras as enfermidades esquecidas.

Polo seu cine, polo seu compromiso... dámoslle as grazas dende o noso outeiro.


viernes, 12 de noviembre de 2010

FOTOS DO MAGOSTO

As fotos do magosto xa están preparadas. Xa podedes gozar lembrar o ben que o pasamos xogando nos diferentes rincóns e comendo castañas. A pesares da chuvia foi un bo día!


 Se queres ver todas as fotos só tes que premer neste collage.

 

CANCIÓN DA CASTAÑA

Agora que xa sabedes a letra da canción da castaña, tedes que aprender a música e os xestos.
Mirade que ben o fan os pequerrechos do cole... e as profes, claro.

jueves, 11 de noviembre de 2010

MAGOSTO

Hoxe celebramos a festa do magosto no cole. Algúns profes fixeron as brasas e asaron unhas castañas boísimas.
A chuvia esperou a que saíramos a xogar, pero aínda así puidemos participar nalgún dos rincóns de actividades e xogos.

Estamos recollendo as fotos para que poidades ver o ben que o pasamos e canto traballarou todo o profesorado.

Para ir facendo boca podedes practicar a letra da canción da castaña.

                                       Era unha castaña redonda, redonda
                                       que neste magosto estoupou como unha bomba.

                                       Para para pum, para pum, para pum pum,  
                                       para para pum, para pum chin pum

                                       Eran unha castaña marrón, marrón
                                       que caeu do castaño e fíxome un chichón.

Se gostaches da canción e quere cantala completa, poderás atopala premendo aquí.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

ACTIVIDADES LIM

Continuando co noso proxecto sobre a illa de San Simón, elaboramos unha serie de actividades para traballar no 1º ciclo de primaria.


martes, 9 de noviembre de 2010

A GAMELA DE SIMÓN

Xa vos presentei o proxecto da Illa de San Simón que estamos a desenvolver no cole neste primeiro trimestre. E xa vos mencionei que na pestana de arriba tedes acceso a todos os materiais que estamos a traballar. Pero hoxe quería destacar un deses materiais: A gamela de Simón. Un conto escrito e deseñado no cole e que xa ocupa un lugar privilexiado na nosa estantería virtual.

lunes, 8 de noviembre de 2010

PROXECTO ILLA SAN SIMÓN

O noso proxecto da illa de San Simón xa está en marcha e podemos amosar os primeiros traballos.

As nais de educación infantil botaron un cabo creando unha estupenda maqueta da illa de San Simón con todos os seus edificios. Mirade que marabilla!!

Xa sabedes que na pestaña do proxecto podes ver máis material sobre o noso proxecto.

domingo, 7 de noviembre de 2010

AS CASTAÑAS

O vindeiro xoves día 11 imos celebrar o noso Magosto.

..."¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
Sin bruxas nin demos;
Un maio sin segas,
Usuras nin preitos,
Sin quintas nin portas,
Nin foros, nin cregos."

Curros Enriquez

Podedes atopar máis información sobre as castañas e o magosto premendo na imaxe de abaixo e no noso enlace de recursos.

jueves, 4 de noviembre de 2010

OUTONO

Xa cambiamos os reloxos, xa van mudando as cores... Estamos de cheo no outono.

VEN ONDA NÓS O OUTONO
DACABALO DO AIRE;
NOS CAMIÑOS DA FRAGA
OS OURIZOS XA ABREN.
SÍNTOO CHEGAR CONTENTO
DA ETERNA VIAXE
ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS,
ESTREANDO FRIAXE.


ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”.Xerais

E para ir facendo boca, velaí vai: imaxes e música outonais. Espero que vos guste.

martes, 2 de noviembre de 2010

COMEZA A NOSA ANDAINA

Benvidas e benvidos a miña charca. Dende este blogue vou compartir con todos e todas vos a miña paixón pola lectura. Tentarei espertar a vosa curiosidade con moitas e diferentes cuestións, suxerenzas, probas...unha chea de historias compartidas que nos farán viaxar por diferentes lugares do noso maxín.

Moitas grazas por compartir este espazo comigo.