miércoles, 24 de noviembre de 2010

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


 Hoxe, día 25 de novembro, conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Esta data lémbranos as irmás Mirabal (Patria, Minerva e Maria Teresa), tres activistas políticas asasinadas o 25 de noviembro de 1960 a mans da policía secreta do dictador Rafael Trujillo na República Dominicana.

Lamentablemente, a violencia contra as mulleres aínda está moi presente ao noso arredor de maneiras moi diferentes. Todas e todos debemos pararnos un momento e reflexionar sobre este tema.

Podes atopar recursos e materiais premendo no lazo que atoparás no inicio desta nova e na barra lateral da esquerda. Aquí vos deixo un conto que lle da a volta a moitos "tópicos".



Este video recolle a exposición "18 segundos" organizada polo Instituto de la Mujer de España no ano 2005.
O fotógrafo Iván Hidalgo, coa dirección artística de Alejandro Marcos, retrata a 18 actrices, comunicadoras, deportistas e personaxes de amplo recoñecemento público.


3 comentarios:

  1. Benvida tamén dende o cole de Andrade, en Pontedeume. Parabéns por tantos e tan bos traballos.
    Encarna.

    ResponderEliminar
  2. Moitísimas grazas pola vosa acollida. Estamos encantadas e encantados de compartir traballos e experiencias.
    Moitas apertas dende o outeiro.

    ResponderEliminar