viernes, 29 de abril de 2011

AHÍ VEN O MAIO


O día 1 de maio celébrase a festa dos maios, unha festa ancestral galega que se celebra cada ano na primavera. Se queres coñecer as orixes desta festa, como se celebra nos distintos puntos de Galicia ou como é o ciclo dos maios, pode consultar as páxinas de Galicia espallada ou a galipedia. 





Tamén podes achegarte ao libro de Jacobo Fernández Serrano






 E como non, recoméndote escoitar a Luis Emilio Batallán cantando Ahí ven o maio de Curros Enríquez


A modo de resumo desta festa, velaí vai esta presentación.

jueves, 28 de abril de 2011

CIENCIA SEN PALABRAS

Hoxe descubrimos o divertida que pode a ser a ciencia. Roto e Descosido amosáronnos esa ciencia divertida pero non exenta de esforzo, estudo e coñecemento pero que pode ter unha recompensa moi gratificante.

miércoles, 27 de abril de 2011

lunes, 25 de abril de 2011

O GLOBO VERMELLO

Reinterpretación do conto de Iela Mari usando as súas ilustracións para dar lugar a unha pieza audiovisual chea de inocencia, imaxinación e soños. Simplemente precioso!




Via Trafegando Ronseis

sábado, 23 de abril de 2011

DÍA DO LIBRO

Hoxe, día 23 de abril, celebramos o día internacional do libro quero recoller esta preciosa entrada que atopei en bibliopoemas.


 La lectura se riega con nuestras propios pensamientos (il. de Cosei Kawa)

Libros, libros, libros ... moitos libros e lecturas para adultos e nenos, por nenos e nenas, para o alto e o baixo, para o guapo e o feo, o gordo e o fraco, os morenos e os loiros, os serios e alegres, listos e bobos, para mozos e vellos, para ricos e pobres, para os lectores e espectadores, para .. todo o mundo. Un puñado de libros que choven en abril, mil libros.

E para complementar todos estes libros uns poemas para degustar.



La lectura es una puerta abierta al conocimiento (il·lustració de Daniel Thomas)

Leer
(Miguel de Unamuno)

Leer, leer, leer, vivir la vida
que otros soñaron.
Leer, leer, el alma olvidada
las cosas que pasaron.
Leer, leer, leer, ¿seré lectura
mañana también yo?
¿Seré mi creador, mi criatura,
seré lo que pasó?
*

El libro es fuerza, es valor
es poder, es alimento;
antorcha del pensamiento
y manantial del amor.
(Rubén Darío)

Cada libro, cada lectura, lleva a otros libros y otras lecturas (il·lustració de Gurbuz Dogan Eksioglu)

La biblioteca
(N. Zapatero)

Juntos en la biblioteca,
están siempre allí esperando
que alguna manita inquieta
se decida a despertarlos.

Sus hojas son ventanitas
que abren con alegría
para llevarnos a un mundo
de aventura y fantasía.

A veces leo de brujas,
otras veces, de planetas,
de princesas, de animales
o de un niño en bicicleta.

Por favor no me interrumpan,
dejadme ahora tranquilo,
que quiero leer un libro
y compartirlo contigo.
*

Amigo libro
(Jesús Pascual)

Eres tú, amigo libro,
ventana del mundo
y en tus páginas admiro
lo que mi vista no pudo.

Eres tú, amigo libro,
la aventura que he soñado,
el poema que recito,
el cuento que me ha calmado.

Eres tú, amigo libro,
compañía en mi soledad,
silencio para salir del ruido
que rodea mi caminar.

Eres tú, amigo libro,
quien nos muestra nuevas sendas,
y nos abre nuevos caminos,
amigo que alivia las penas.

El libro tiene caminos que llevan al exterior o se sumergen en nuestro interior (il·lustració de Paula Dominguez)

Todos os libros do mundo
non te dan a felicidade
pero condúcnche en secreto
hacia ti mesmo.
Alí atoparás todo o que necesitas,
o sol, as estrelas e a lúa
pois a luz que ti buscas
habita en ti mesmo.
A sabiduría que buscaches
nas librerías
reluce en cada páxina…
E agora é túa.
(Herman Hesse)

miércoles, 20 de abril de 2011

ORTOGRAFÍA

Olla a publicidade do popular xogo de formar palabras Scrabble: escribir ben dá máis puntos.


Vía Trafegando Ronseis.

lunes, 18 de abril de 2011

VERSOS QUE EL VIENTO ARRASTRA

Encántame este libro!! Os versos son de Karmelo C. Iribarren e as ilustracións de Cristina Müller. Editado por El jinete azul este libro é unha gozada para todas as idades pero agochada tras a metáfora de poesía para nenos e nenas.
los libros
no son para mirarlos,
son para tocarlos,
abrirlos,
y leerlos
que es como entrar en ellos


sábado, 16 de abril de 2011

VISITA DE MARINÉ E JORGE

Por fin chegou o día!! Mariné e Jorge, escritora e ilustrador de Un soño na bandexa, chegaron ao noso cole.
Entre os dous amosáronnos como se crean as historias e os soños e como se vai dando cor ás imaxes do noso maxín.
Tamén poidemos "axudar" a Jorge a facer un debuxo do camareiro do conto.
Moitísimas grazas aos dous pola visita. Gustounos moito.

viernes, 15 de abril de 2011

LECTURA CONXUNTA

Continuando coas nosas actividades do mes dos libros, hoxe fixemos a hora de ler todos xuntos no patio. Foi moi agradable sentar baixo as árbores e ler ao aire libre... Unha gozada!!!

jueves, 14 de abril de 2011

I FEIRA DO LIBRO OUTEIRO DAS PENAS

Hoxe celebramos a nosa I FEIRA DO LIBRO, na que cambiamos os nosos bonos polos libros que foron traendo todos os alumnos e todas as alumnas do cole. 
O certo é que foi todo un éxito porque atopáronse libros moi interesantes, tanto que empezaron a lelos polos recantos do cole. Todos marcharon para casa cargados de libros e con ganas de lelose gozalos na casa.

Velaí van as fotos desta festa de libros A medida que recollamos máis imaxes da feira, a presentación amosará máis imaxes... estade ben atentos e atentas.

miércoles, 13 de abril de 2011

CONTACONTOS DE INFANTIL

Quedábanos pendente o contacontos que intercambiaron as aulas de educación infantil de 4 anos e 4º B de primaria. Velaí vai o video dos pequerrechos. Na seguinte entrega, o conto dos maiores.

martes, 12 de abril de 2011

CHEGA A BIBLIOCARAVANA

No seu percorrido polos coles do concello hoxe tocou facer parada en Outeiro das Penas. A Bibliocaravana posta en marcha polas Bibliotecas de Redondela e o Servizo de Normalización Lingüística tróuxonos a
Semana do Libro: a festa das palabras

Beti, alumna do IES de Chapela que cursa un ciclo de educación infantil, fixo unha sesión de contacontos para os nenos e neas de infantil; o alumnado de 1º ata 6º de primaria visitou unha exposición na caravana onde poideron manipular libros e documentos nas diferentes linguas de toda a xeografía do estado.

lunes, 11 de abril de 2011

LUME!!

Nun bosque onde vivían moitos animáis algo pasou que fixo ladrar ao can.... Unha lapa de lume chegou con ganas de facer un incendio. O can chamou á vaca, a vaca ao cervo, o cervo á xabarila, a xabarila á landra, a landra preocupada foi buscar ao moucho que avisou a araña. A araña viu ao ourizo, o sapo alertou á garza que estaba comendo miñocas. A eiruga falou coa bolboreta, voluntariosas chegaron a vacaloura e o esquío. E así foi como, axudándose uns aos outros, prepararon un plan para apagar o lume.

Dúas titiriteiras contáronnos hoxe esta historia nun bosque onde todo esta formado por obxectos de casa...

Lume!!!... Teatro Bavaluva... Alberto Varela Ferreiro... nenos e nenas de Educación Infantil... e as fotos da actuación.

VISITA DE MARINÉ LORENZO CORCOBA

Para ir preparando a visita de Mariné Lorenzo velaí vai o cartel con máis información.
Podes miralo máis grande premendo propia foto e despois terás que ir buscando nas diferentes imaxes.

domingo, 10 de abril de 2011

A IMPORTANCIA DA LECTURA

Curtametraxe de animación realizado para o centro virtual Leer.es do Ministerio de Cultura para fomentar a lectura entre os máis novos.

viernes, 8 de abril de 2011

TEATRO

 O vindeiro luns, o alumnado de edicación infantil terá unha actividade moi especial no cole: unha representación de teatro. 
Trátase de Lume, unha obra representada por Babaluva teatro baseada no libro de Alberto Varela Ferreiro.

jueves, 7 de abril de 2011

GÚSTAME LER

Este video leva algún tempo movéndose polas nosas conexións dixitais, pero paréceme estupendo recuperalo no mes dos libros.

miércoles, 6 de abril de 2011

CARTA PARA O ALUMANDO DE INFANTIL

Acaba de chegar esta carta ao noso cole. Vai dirixida aos nenos e nenas de educación infantil e está escrita por Mariné Lorenzo Corcoba, que virá visitarnos moi pronto.

Podedes ler a carta premendo no sobre.

martes, 5 de abril de 2011

VISITA DE MAR GUERRA

Para investigar sobre esta autora, preme na imaxe e vai acedendo aos diferentes enlaces.

lunes, 4 de abril de 2011

INTERCAMBIAMOS CONTACONTOS

Para celebrar o día do libro infantil e xuvenil, cada curso preparou unha sesión de contacontos para representar noutra aula. Deste xeito, todo o alumnado recitou unha historia e escoitou outra.
Para rematar o intercambio de contos, agasallamos aos nosos visitantes o marcapáxinas que coloreamos durante esta semana.

viernes, 1 de abril de 2011

CREANDO HÁBITOS

Encantoume este video dunha campaña de fomento da lectura da Asociación Finesa de Bibliotecas. Non fai falla repetir a importancia de transmitir o valor da lectura dende o berce, non si?