lunes, 11 de abril de 2011

LUME!!

Nun bosque onde vivían moitos animáis algo pasou que fixo ladrar ao can.... Unha lapa de lume chegou con ganas de facer un incendio. O can chamou á vaca, a vaca ao cervo, o cervo á xabarila, a xabarila á landra, a landra preocupada foi buscar ao moucho que avisou a araña. A araña viu ao ourizo, o sapo alertou á garza que estaba comendo miñocas. A eiruga falou coa bolboreta, voluntariosas chegaron a vacaloura e o esquío. E así foi como, axudándose uns aos outros, prepararon un plan para apagar o lume.

Dúas titiriteiras contáronnos hoxe esta historia nun bosque onde todo esta formado por obxectos de casa...

Lume!!!... Teatro Bavaluva... Alberto Varela Ferreiro... nenos e nenas de Educación Infantil... e as fotos da actuación.

4 comentarios:

  1. ¡Qué ben o pasan!,xa me gustaría a min agocharme nunha esquiniña e poder escoitar o conto.Biquiños Máxicos

    ResponderEliminar
  2. Foi unha chulada! Especialmente a construción dos personaxes con utensilios de cociña.... precisos!!

    ResponderEliminar
  3. Encantounos o teatro, sobre todo os animais e o lume.
    Moitas grazas.
    Os nenos e nenas de eI 4 anos B

    ResponderEliminar
  4. HAI QUE VER QUE ATENTOS ESTABAN!!! QUÉ CARIÑAS...

    ResponderEliminar