miércoles, 29 de febrero de 2012

EXPOSICIÓN DE INVENTOS

Durante este mes foron chegando ao centro os traballos que o noso alumnado realizou na casa con axuda das súas familias. A idea era plasmar un invento ou un descubrimento que consideraran fundamental nas nosas vidas... e tamén podáin inventar algo novo.
Este é o resultado: fantástico!!!!
Moitísimas grazas a todas e a todos pola vosa participación.

martes, 28 de febrero de 2012

SALÓN DO LIBRO 12+1

Esta fin de semana comeza o 12+1 Salón do Libreo Infantil e Xuvenil de Pontevedra e como non podía ser doutro xeito dado o número da edición o tema serán as supersticións.
Preme na imaxe e poderás acceder ao programa de actividades de todo o mes. Xa sabes, a Levírterse!!!

lunes, 27 de febrero de 2012

24 HISTORIAS DE INVENTOS E DESCUBRIMENTOS

Neste documentos están recollidos todas as historias de inventos e descubrimentos que podes atopar xa na nosa ventá da biblioteca. Pero non están completos: falta o nome do invento ou do descubrimento. Saberías dicir de que fala cada unha destas páxinas?


miércoles, 22 de febrero de 2012

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anímanos a agasallar cun libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro, do que este ano se cumpre o 175 aniversario.
A AELG convida aos centros de ensino e concellos a participar do Día De Rosalía de Castro organizando actividades de promoción da obra da nosa escritora para conmemorar o aniversario do seu nacemento.
Por outra banda, a AELG abriu un blog para reflectir todas as actividades e celebracións dese día, convidando a participar nel a toda a cidadanía.

martes, 21 de febrero de 2012

LOS PORTADORES DE SUEÑOS

Unha nova entrega dunha editorial que me ten cautivada. Desta volta trátase dun famoso poema da escritora nicaragüense Gioconda Belli con ilustracións do pintor e escultor croata Svjetlan Junakovic.

lunes, 20 de febrero de 2012

O AMOR ESTÁ NA LINGUA

Un video froito da colaboración do Audiovisual As Barxas co departamento de normalización do IES do mesmo nome de Moaña,e que descubrín (unha vez máis) seguindo uns ronseis moi especiais.

viernes, 17 de febrero de 2012

UN ENTROIDO MOI ARTÍSTICO

Despois dunha semana de pequenas caracterizacións, por fin chegou o día grande do entroido. E como un dos proxectos deste ano traballa algúns pintores e as súas obras, todo o cole pintou algo.

miércoles, 15 de febrero de 2012

martes, 14 de febrero de 2012

CARTACES DO ENTROIDO

Os nenos e nenas de 6º curso están traballando moito co Entroido e fixeron uns cartaces do máis artísticos apra anunciar a nosa festa.
Xa están expostos polos corredores e aquí podedes velos con calma.

Xa sabes, dalle a play e agarda a que cargue o programa. 

Click to play this Smilebox slideshow

ORDE PARA O MÉRCORES

 

se miras para os teus pés,
algo diferentes terás que ver

viernes, 10 de febrero de 2012

COMEZA A TROULA!!!

Comeza a festa do entroido así que vai a primeira orde da semana:

 


se a troula queres comezar,
as uñas de cores deberás pintar.

PREGUNTAS SOBRE O ENTROIDO

Que tes aprendido sobre o Entroido nestes días? Podes comprobalo respondendo a estas custións sobre o tema.
Moita sorte

jueves, 9 de febrero de 2012

VISITA DE GONZALO MOURE

O pasado mércores o alumnado de 4º e 5º de Primaria tivo a oportunidade de coñecer a Gonzalo Moure, escritor asturiano autor de "Palabras de Caramelo". 
Gañador de varios premios, contounos a súa experiencia e as motivacións que lle levaron a escribir este libro que tanto nos emocionou ao lelo. Baseado nunha historia real, está inspirado na vida dunha nena saharauí chamada Fatimetsu, xordomuda, que lle ensinou a falar coas mans, os ollos e o corazón. Ao finalizar a charla, escribiu unha dedicatoria nos libros do alumnado e da biblioteca. 

MOTÍSIMAS GRAZAS POR ESTA CONVERSA TAN ESTUPENDA!!!!

martes, 7 de febrero de 2012

CHEGA O ENTROIDO

Vai chegando o tempo do Entroido... as máscaras... as filloas... a troula... Lembra que temos unha chea de recursos na marxe esquerda do noso blog, na imaxe igualiña a esta.

E para empezar a festa, tenta compoñer o meu disfraz para este anos.
Preme  nos diferentes botóns para ver a imaxe de fondo ou para repartir as pezas novamente.




Se gostaches do xogo, podes compor o meu disfraz do ano pasado.

lunes, 6 de febrero de 2012

USA O COCO

Usa el Coco é unha serie de 3 curtas realizadas por Hampa Studio, e apoiadas pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología no marco do Programa de Cultura Científica y de la Innovación 2011, que ten como obxectivo a difusión e promoción do talento creativo e a innovación na cidadanía a través de Honky y Tonk, dúas personaxes animadas para quen a creatividade e o uso do coñecemento desempeña un factor clave na mellora das súas condicións de vida e a resolución de problemas.






sábado, 4 de febrero de 2012

UN LITRO DE LUZ

Grazas a Trafegando Ronseis atopei unha historia moi interesante para o noso proxecto dos "Inventos e descubrimentos".
En barrios marxinais de Manila (Filipinas) empezaron hai uns meses a aparecer unhas botellas de plástico cheas de auga nos tellados das casas. Este é o proxecto 'Un litro de luz' (Isang litrong liwanag), desenvolvido por estudantes do MIT (Massachusetts Institute of Technology) que busca recoller a potencia do sol para traer luz ás casoupas deste lugar.
As botellas -cheas de auga e lixivia- xeran unha refracción brillante e iluminan o lugar.