sábado, 4 de febrero de 2012

UN LITRO DE LUZ

Grazas a Trafegando Ronseis atopei unha historia moi interesante para o noso proxecto dos "Inventos e descubrimentos".
En barrios marxinais de Manila (Filipinas) empezaron hai uns meses a aparecer unhas botellas de plástico cheas de auga nos tellados das casas. Este é o proxecto 'Un litro de luz' (Isang litrong liwanag), desenvolvido por estudantes do MIT (Massachusetts Institute of Technology) que busca recoller a potencia do sol para traer luz ás casoupas deste lugar.
As botellas -cheas de auga e lixivia- xeran unha refracción brillante e iluminan o lugar.

2 comentarios:

  1. alédame que servise o descubrimento!!

    ResponderEliminar
  2. moitas grazas ati,porque grazas a vos sempre atopamos cousas moi especiais.
    bicos

    ResponderEliminar