sábado, 28 de abril de 2012

FEIRA DO LIBRO DE VELLO

Onte foi un día moi especial no noso cole. Tivo lugar unha Feira do libro de vello, un mercadiño no que quixemos dar saída a todos aqueles libros que xa non teñen cabida na nosa biblioteca escolar. E pensamos que o mellor xeito de retirar eses libros é abríndolles as portas de novos fogares. Os fogares do noso alumnado... do noso profesorado... de todas as persoas que traballan no noso colexio. 
Así, durante toda mañá foi o profesorado e o alumando quen percorreu os postos ateigados de libros e puideron escoller aqueles que máis lles interesaban.
Xa pola tarde abrimos as portas ás familias... e a resposta foi marabillosa. Moitas grazas a todas e a todos pola vosa visita. Esperamos que gocedes da lectura dos libros escollidos.

jueves, 26 de abril de 2012

FEIRA DO LIBRO

Hoxe celebramos a nosa II Feira do libro, onde todo o alumnado puido intercambiar os seus libros e levar para casa novos libros xa usados. 
Durante toda a semana foron traendo libros das súas casa que cambiaron por un ticket que lles permitía recoller outro libro na feira de hoxe. Outro éxito nesta semana dos libros!!



E non esquezades que mañán temos a Feira do libro de vello á que estades todas e todos convidados. Esperámosvos.

miércoles, 25 de abril de 2012

INTERCAMBIO DE CONTOS E MARCAPÁXINAS

Onte tivemos unha nova actividade programada pola semana dos libros: un intercambio de contos contados por todo o alumnado. Así, o máis cativos fixeron de contacontos para os maiores e os maiores fixeron de contacontos para as cativas e os cativos.
Ao final de cada conto, intercambiaron entre eles diferente marcapáxinas feitos especialmente para esta ocasión.

 
Encantoume este video que vin en Biblioxaquin e quero achegarvos nesta semana tan chea de libros.



martes, 24 de abril de 2012

CONVITE PARA A FEIRA DO LIBRO USADO

Non vos esquezades que este vernes día 27 a partires das 16:30 horas estades todas e todos convidados á nosa Feira do libro usado.
Calquera persoa que goste dos libros e das lecturas pode pasar e buscar entre os nosos libros e levar os que máis lle gusten. Poden vir nais, pais, avoas, avós, curmás, veciñanza... só é necesario ter interés polos libros. Seguro que atopades algún para levar a casa.

Ata o venres.

O VAMPIRO DE SOUTOMAIOR

Ainda que está rodado no concello de Soutomaior, coñecemos algunha das nenas e dos nenos protagonistas.

lunes, 23 de abril de 2012

A VISITA DE SILVESTRE GOMEZ

Como xa vos dixen, hoxe celebramos o Día do Libro co escritor Silvestre Gómez, quen compartiu con nos uns momentos estupendos e asinou os libros das nenas e dos nenos do 2º ciclo.
Moitísimas grazas por esta fantástica visita.

 

DÍA DO LIBRO: LECTURA CONXUNTA

Para celebrar o día do libro, hoxe fixemos á hora de ler foi conxunta. Como o tempo non permitiu gozar da lectura ao aire libre, repartímonos polos corredores e compartimos lecturas todas e todos xuntos. 
Ademais, hoxe tivemos outra visita moi especial: Silvestre Gómez. Pero para deleitarvos coas fotos da súa visita teredes que agardar un pouco máis... paciencia!

Click to play this Smilebox greeting

domingo, 22 de abril de 2012

DIA DA TERRA

Porque hoxe é o día da terra gústame compartir este video con todas e todos vos.

OS LIBROS E A FANTASÍA

Curtametraxe que incentiva o interés pola lectura e o sucumbir ó mundo da fantasía e o misterio que se atopa en cada libro. Precioso!

sábado, 21 de abril de 2012

MAIOS 2012

Se queres participar na festa dos Maios, so tes que premer na imaxe e ler as bases da convocatoria. Ánimo e...moita sorte!

viernes, 20 de abril de 2012

VISITA DE SILVESTRE GÓMEZ

 O vindeiro luns día 23 recibiremos a visita de Silvestre Gómez, autor de Ti non xogas, a lectura que está compartindo todo o alumnado do 2º ciclo. Con el celebraremos a festa do día do libro.

jueves, 19 de abril de 2012

PASEO POLA ATLÁNTIDA CON ANXO FARIÑA

Hoxe gozamos cunha nova visita no cole. Desta volta foron as alumnas e alumnas de 3º ciclo os que recibiron a Anxo Fariña, quen os levou da man polas imaxes dunha Atlántida moi fermosa e galega.
 

miércoles, 18 de abril de 2012

VISITA DE ANXO FARIÑA


O xoves día 19 recibiremos a visita de Anxo Fariña, o autor de A chave da Atlántida, o libro no que está a traballar o alumnado do 3º ciclo de Primaria.


Podedes ver algunhas das creacións deste autor, ilustrador e deseñador visitando a súa páxina web.

martes, 17 de abril de 2012

VISITA DE MARC TAEGER E OLALLA GONZÁLEZ

Onte foi un día moi especial porque recibimos unha visita moi especial. Como Marc Taeger sabía que as nenas e nenos de educación infantil estaban lendo Aquiles o puntiño, un libro ilustrado por el, aceptou o noso convite e viu visitarnos. Pero o mellor foi que veu moi ben acompañado por Olalla González, a autora de Garavanciño, outro fantástico libro .
A través das palabras e das imaxes encheron o noso outeiro de maxín e fantasía cautivando a pequenos e a maiores.
Moitísimas grazas aos dous por este fantástico día. Esperamos volver a tervos por aquí moi pronto.

 

E os contos e as ilustracións continuaron durante toda a mañán; as nenas e nenos de 1º ciclo tamén gozaron coas historias de Olalla e Marc.

 

ACTIVIDADES EN REDONDELA

Dende a Biblioteca Municipal de Redondela chéganos esta información con actividades ao redor das palabras. Preme na imaxe e poderás ler a programación.


lunes, 16 de abril de 2012

VENTÁ DA BIBLIOTECA

Levamos xa tempo traballando o noso PDI sobre inventos e descubrimentos e xa temos completa a nosa ventá. Velaí vai



sábado, 14 de abril de 2012

VISITA DE MARC TAEGER


O martes día 17 recibiremos a visita de Marc Taeger, o autor de Aquiles o puntiño, o libro no que está a traballar o alumnado de Educación Infantil.


Podedes ver algunhas das creacións deste ilustrador, que traballa tamén no eido da animación, dos obxectos e dos libros visitando a súa páxina web.

LETRAS GALEGAS 2012

Vaise achegando a data e xa toca achegármonos á figura de Valentín Paz Andrade. Xa está colocado na barra lateral esquerda o enlace a todos os recursos e actividades para traballalo nas aulas. So tes que premer na imaxe e buscar o que máis te interesa.


jueves, 12 de abril de 2012

PROGRAMA DE ACTIVIDADES


Durante o mes de abril celebraremos o mes do libros e da lecturas, o cal supón unha chea de actividades e traballo. Lembra que temos un enlace na barra lateral esquerda no que poderás atopar diferentes recursos para traballar nas aulas durante este tempo.

Polo centro iremos recibindo a visita de diferentes autores e autoras, que terán apaixonantes encontros co noso alumnado, celebraremos a II Feira do libro e repetiremos a visita polas diferentes aulas intercambiando contos e marcapáxinas moi especiais. Ademais, este ano abriremos as actividades a toda a comunidade educativa na nosa Feira do libro usado. 
Este é o programa de activiades... xa vos iremos danda máis información segundo se vaian achegando as datas.


miércoles, 11 de abril de 2012

LIM DOS INVENTOS

Este é o noso LIM sobre o material que tedes traballado do proxecto de Inventos e descubrimentos. Espero que vos guste.