sábado, 14 de abril de 2012

VISITA DE MARC TAEGER


O martes día 17 recibiremos a visita de Marc Taeger, o autor de Aquiles o puntiño, o libro no que está a traballar o alumnado de Educación Infantil.


Podedes ver algunhas das creacións deste ilustrador, que traballa tamén no eido da animación, dos obxectos e dos libros visitando a súa páxina web.

3 comentarios:

  1. Ola amigos e amigas do CEIP Outeiro das Penas, este martes visitarei a vosa escola acompañado de Olalla.

    Sabemos que vos gustan moito os contos, así que achegarémonos coas nosas maletas e pasaremos un bo ratiño xuntos.

    Ata pronto!!!

    Mark e Olalla.

    ResponderEliminar
  2. Pois si que nos gustan moito os contos...lelos e escoitalos. Seguro que gozaremos moitísimo con todas esas historias que tedes na maleta.
    Moitos bicos e achuchóns.
    Vémonos o martes.

    ResponderEliminar
  3. Xenial!!! Estou ansiosa pola vosa visita! Seguro que pasamos unha xornada inolvidable!

    Ata o martes!!!

    ResponderEliminar