viernes, 26 de octubre de 2012

E TI... A QUE LLE TES MEDO?



O Samain e o halloween estan a piques de chegar e con eles todos os espiritos e espectros propios destas datas.

Dende a biblitoeca queremos celebralo cun concurso de relatos curtos tan curtos como  queirades, pero que deben responder a unha pregunta:


e ti a que lle tes medo?
 
Podedes facelo na clase coa vosa mestra ou o teu mestre ou pasar pola biblioteca durante o recreo. Cando estea listo entregadeo na bibliotecahabera un lugar preparado para recollelos.
E non esquezades que habera premios para os mellores relatos. Tedes de prazo ata o dia 5 de novembro.

jueves, 25 de octubre de 2012

CHEGA O SAMAÍN... CHEGAN OS ESPÍRITUS...

O Samaín xa está aquí. De vagar vai ocupando espazo polos corredores pero iso xa volo amosarei noutra entrada do blog. Polo de agora quero achegarvos a seleción de recursos e actividades que temos preparada para traballar o Samaín e o medo. Só tedes que premer na imaxe. Espero que vos guste. 

 

miércoles, 24 de octubre de 2012

A BIBLIOTECA ABRE AS SÚAS PORTAS

Por fin chegou o día das Bibliotecas Escolares e inauguramos a nosa biblioteca. Todas as nenas e os nenos do noso cole foron visitando o meu outeiro para gozar coas fantásticas novidades, coñecer os novos recunchos e recoller un presente moi doce que lles tiña preparado. 
Agora xa poden escoller ás lecturas para levar ás súas casas, buscar información nos ordenadores e todas as fantásticas actividades que van xurdindo ao longo do curso.
Agardo que todas e todos pasedes pola miña casa a visitarme sempre que queirades.

domingo, 21 de octubre de 2012

O MERCADO

Hoxe quero presentarvos un libro moi especial; especial porque é un libro e un Cd e un DVD e un karaoke... todo xunto. Especial tamén porque este proxecto xira arredor da festa e da felicidade. E o centro de todo este é Rui, un neno que a pesar das súas dificultades pode gozar coa música, cantar e bailar.

Ducias de artistas cantando a alegría de vivir. Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina, Carlos Blanco, o noso Ruí, Familia Domínguez Senlle e moitas amigas e amigos... viaxan a través das ilustracións de O Pastor.

Como anticipo, valeí vai unha das cancións rodada na Tenda da Loura, en Redondela, con Carme e Irea como protagonistas. Seguro que vos encanta.

viernes, 19 de octubre de 2012

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA

O vindeiro mércores día 24, día das Bibliotecas Escolares, será un día moi especial para nos porque inauguraremos a nosa biblioteca
Temos preparadas unha actividades das que seguro gozarás moitísimo. Podes ver o programa premendo na imaxe de abaixo.


jueves, 18 de octubre de 2012

OS ÚLTIMOS CARTACES

Con estas dúas novas entregas rematamos a exposición de cartaces co lema do proxecto documental deste curso, Lendo entre viñetas e bocadillos.
Moitísimas grazas a todas as familias pola súa participación e entusiasmo.
Lembrade que no noso album de fotos están todos estes cartaces para miralos con calma. Só tes que premer AQUÍ.


miércoles, 17 de octubre de 2012

MÁIS CARTACES

Velaí van máis cartaces realizados nas casas. Lembrade que os tedes todos no noso album de fotografías premendo AQ.



PRIMEIROS CARTACES

Xa temos os cartaces elaborados polas familias co lema do noso PDI deste curso: LENDO ENTRE VIÑETAS E BOCADILLOS. O resultado é asombroso e temos verdadeiras alfaias expostas nos nosos corredores.
Moitísimas grazas a todas e a todos pola vosa participacións. Encántannos as vosas obras de arte.

Velaí vai unha mostra dalgún dos cartaces; aos poucos irán saíndo todos...paciencia!

 


E podedes velas todas premendo AQUI.

martes, 16 de octubre de 2012

LECTURAS DE OUTONO

Xa tedes na entrada da biblioteca unha mesa moi outonal cunha seleción de libros para gozar lendo historias desta época do ano.


E se queres mirar con máis detalle, estes son os títulos outonais que vos propoñemos.

Shelfari: Book reviews on your book blog

lunes, 15 de octubre de 2012

IMAXES DE OUTONO

Esta fin de semana estiven ilustracións de outono para achegarvos un chisco da poesía que esta estación nos trae. Espero que vos guste.
As imaxes están espalladas por Bibliopoemes, blog de Poesía infantil i juvenil, e Pinzellades al món blog de ilustracións.

martes, 9 de octubre de 2012

NAVEGA EN GALEGO

Preséntovos Navega en galego, un blog que axuda a «navegar na web como galegos», é dicir, empregando a lingua galega como preferida. Este blog serve tanto para coñecer a estatística do idioma preferido das nosas visitas como para comprobar a configuración da lingua de cada navegador e para galeguizalo.  
É importante para potenciar a presenza do galego en Internet e para solicitar a galeguización de programas e utilidades que os navegadores que utilicemos estean configurados na nosa lingua.

lunes, 8 de octubre de 2012

AXUDANTAS DA BIBLIOTECA

Este ano ponse en marcha o programa de voluntarias para axudar na biblioteca. Estas son as flamantes voluntarias deste ano.


Todas elas comprometéronse a axudar asinando un contrato despois de ler e reflexionar sobre as súas obrigas no tempo de recreo. Moitísimas grazas a todas.



viernes, 5 de octubre de 2012

CARTA DE MATILDA

Hoxe chegáronnos unhas cartas de Matilda ao cole. Unha delas ía dirixida a todo o alumnado e a outra era para as familias.
Se queres coñecer o contido das cartas, preme na imaxe do sobre e saberás o que Matilda lle pide ás familias.
 
A carta dirixida ao alumando tamén poderás lela premendo no selo de Matilda.


CHEGA "OLLOS DE AULA"

Nace "Ollos de aula" a revista da Coordinadora galega de ENDL para as familias do alumnado.
O seu obxectivo é achegarvos información variada ao redor da educación e convidarvos a reflexionar sobre aqueles temas que vos poden preocupar como nais e pais.
Agardamos que vos sexa de axuda.

lunes, 1 de octubre de 2012

XA ESTÁN EN MARCHA AS MOCHILAS VIAXEIRAS

 Está mañá comezaron o seu percorrido as mochilas viaxeiras deste curso. 
Velaí tedes as imaxes das primeiras mozas e mozos que van compartir 15 días de aventuras coas súas familias.
Espero que vos gusten.



RECURSOS OUTONO

Lembra que tes unha ampla seleción de recursos e actividades sobre o outono na barra lateral esquerda do blog e premendo nesta imaxe outonal de Matilda.