martes, 17 de mayo de 2011

SALVANDO LIBROS

Co gallo do Día das Letras, 96 bibliotecas escolares galegas decidiron xuntarse para SALVAR LIBROS... aqueles libros escritos en galego e por galegos que desexan gardar na aldea dos homes e mulleres-libro.
Así, ó fío do argumento da novela Fahrenheit 451 pensouse en que se iso sucedese hoxe...¿que libro salvariamos nós de entre os numerosos da literatura galega?

O arquitecto e debuxante Jaime Jaureguizar, fixo o deseño dos fermosos carteis que serven de soporte é fan posible a imaxe da actividade e este é o resultado.

Libros SALVADOS en infantil.
 


E os libros SALVADOS en primaria.



E agora...¿que libro salvarís ti? Podes escribilos nos comentarios.

1 comentario:

  1. Pois eu salvaría "Memorias dun neno labrego", unha das miñas primeiras lecturas en galego... encantoume!!
    Maria

    ResponderEliminar