lunes, 9 de mayo de 2011

VISITA DE MAR GUERRA

Despois dunha pequena espera, a esperada visita de Mar Guerra chegou por fin!!
 Hoxe, o alumnado de 5º e 6º puido preguntarlle á autora de Xenaro e a hucha do indiano todas as súas dúbidas e inquedanzas ao redor deste libro e o seu proceso creativo.

Ademais, Mar argallou un xogo coas palabras: pensar nunha palabra que lle gustara a cada quen e logo votar a máis bonita de todas. Queredes saber cal foi a palabra gañadora? Pois unha palabra que nos fai rir cada vez que aparece pola porta: cóxegas
E como non podía ser doutro xeito, a partires das palabras escollidas, elaboraron un microrelato... todo un reto que souberon superar con maxín e boa redación.... aínda que hai quen debe buscar a palabra cóxegas no dicionario!!!



Mar Guerra tamén asinou no noso libro de visitas e nos libros dos nenos e nenas que llo pediron.
Moitísimas grazas por esta fantástica visita!!

10 comentarios:

  1. A nós a visita pareceunos fantástica.Mar Guerra é moi divertida e amable.Fixémoslle moitas preguntas do libro e así entendé
    molo mellor.Despois xogamos a un xogo de palabras que nós gustou moito.

    ResponderEliminar
  2. O libro gustounos pero era un pouco difícil de ler porque había palabras raras.Serviunos para aprender vocabulario, e fixemos debuxos que lle gustaron moíto á Mar Guerra

    ResponderEliminar
  3. Visita de Mar Guerra:

    O día 09/05/11 veu Mar Guerra ó noso colexio con motivo do libro que escribiu "Xenaro e a hucha do indiano".Mar pareceume moi simpática,sabe tratar moi ben cos nenos de forma moi divertida.
    Fixémoslle moitas preguntas,despois fixemos un xogo.
    Paréceme xenial que veñan autores de libros que lemos.
    Ao final firmounos os libros.
    Antía

    ResponderEliminar
  4. A mín a visita de Mar Guerra encantoume,foi moi divertida.Fixemos preguntas, xogos e pásamolo moi ben.
    A Mar Guerra tamén lle gustaron os debuxos que fixemos, dixo que eran moi bonitos.
    Por último o rematar firmounos o libro.

    ResponderEliminar
  5. A visita de Mar Guerra foi moi divertida ela é moi simpática , fixemos xogos con ela.E sobre o libro fixémoslle preguntas e firmounos os libros.
    LUCIA.

    ResponderEliminar
  6. A visita de mar guerra me encantou. diego 5a

    ResponderEliminar
  7. Encántame que fagades comentarios sobre as novas do blog. Están feitas pensando en vos e gústame saber que as ledes e opinades. Seguide así.
    Moitos bicos

    ResponderEliminar
  8. Mar Guerra é moi simpática,
    o seu libro encantoume.
    Eu pregunteille:
    ``a personaxe Sefi identificase
    con vostede?´´.
    Espero que volva escribir outro
    libro ainda máis interesante.
    DANI 5ºA.

    ResponderEliminar
  9. O libro pareceume xenial(con xe de Xenaro e xardìn)firmounos os libros.Si Mar Guerra foi a mellor autora que veu.Lucìa 5A QUINTO A.

    ResponderEliminar
  10. Mar Guerra foi a autora mais divertida que veu.Fixemos xogos e o premio eran chicles.

    ResponderEliminar